Spy Kids: Armageddon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spy Kids: Armageddon
Ficha técnica
Título orixinalSpy Kids: Armageddon
DirectorRobert Rodriguez
Produtor
Guión
  • Robert Rodriguez
  • Racer Max Rodriguez
Intérpretes
Música
FotografíaRobert Rodriguez
MontaxeRobert Rodriguez
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea22 de setembro de 2023
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroEspías, acción e comedia
Na rede
IMDB: tt13978520 Filmaffinity: 299560 Allocine: 289877 Rottentomatoes: m/spy_kids_armageddon Editar o valor em Wikidata

Spy Kids: Armageddon[1] é un filme estadounidense de 2023 coproducido, editado e dirixido por Robert Rodriguez, quen tamén escribiu o guión xunto ao seu fillo, Racer Max. É unha secuela[2] de Spy Kids: All the Time in the World (2011) e o quinto título da franquía cinematográfica Spy Kids. Producido por Skydance Media, Spyglass Media Group e Troublemaker Studios, está protagonizado por Gina Rodriguez, Zachary Levi, Connor Esterson e Everly Carganilla..

Spy Kids: Armageddon estreouse o 22 de setembro de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.[3][4]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Cando os fillos dos maiores axentes secretos do mundo axudan sen querelo a un poderoso programador de xogos a liberar un virus informático que lle dá o control de toda a tecnoloxía, deben converterse eles mesmos en espías para salvar os seus pais e o mundo.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Gina Rodriguez como Nora Torrez[6]
  • Zachary Levi como Terrence Tango[6]
  • Connor Esterson como Antonio "Tony" Tango-Torrez[6]
  • Everly Carganilla como Patricia "Patty" Tango-Torrez[6]
  • D. J. Cotrona como Devlin
  • Billy Magnussen como Rey “The King” Kingston[6]
  • Joe Schilling como a voz de Heck Knight
  • Solar Dena Bennett e Fabiola Andújar[7] como Axentes OSS
  • Isaac Garza como anfitrión do torneo
  • Krystle Gutierrez como locutor das novas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]