Pipocas
Aparencia
Pipocas | |
---|---|
Tipo | páxina web e proxecto |
Propósito | normalización lingüística |
Data de fundación | 14 de decembro de 2022 |
Fundador(es) | A Mesa pola Normalización Lingüística |
Na rede | |
https://pipocas.amesa.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pipocas é un catálogo web, creado pola Mesa Pola Normalización Lingüística, que recolle todos os filmes e series dobradas, ou lexendadas, en lingua galega.
Características
[editar | editar a fonte]A plataforma foi lanzada en decembro de 2022, respondendo á demanda social recollida pola Mesa, en especial de nais e pais de cativos galegofalantes, imposibilitados de ofrecer contido para nenos na propia lingua. O catálogo inicial, en continua actualización, recollía máis de 100 títulos, e funciona redirixindo o público ás plataformas nas que se emite cada título.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Mesa lanza Pipocas, un catálogo que recolle todos os filmes e series que están dobrados ao galego • A MESA pola Normalización Lingüística". 2022-12-14. Consultado o 2023-03-14.