Sprattus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sprattus é un xénero de peixes mariños da familia dos clupeidos.

Catro das súas cinco especies viven en augas cálidas e subtropicais do hemisferio sur, e só unha, Sprattus sprattus habita no Atlántico nororiental, e nos mares Báltico, Mediterráneo e Negro, sendo un dos principais peixes comerciais de Europa.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Teñen o corpo alongado, algo comprimido lateralmente, pequeno, de entre 8 e 12 cm, alcanzando como máximo os 16 cm de lonxitude. A coloración do dorso é azul ou verdosa, cos costados e o ventre prateados. O maxilar inferior está claramente proxectado cara a adiante. As aletas pelvianas están sostidas por 7 (raramente 8) raios brandos, e están situadas a unha altura algo anterior á do comezo da aleta dorsal, que está situada no medio do lombo.[3]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Son peixes peláxicos, costeiros, nadando a miúdo en cardumes en augas pouco profundas cerca da costa. Algunhas poden tolerar salinidades moi baixas.
Efectúan grandes migracións para buscar o alimento no inverno e a primavera e en verán, e para o desove. Os adultos aliméntanse sobre todo de crustáceos planctónicos e as formas xuvenís de diatomeas e ovos e larvas de copépodos. Reprodúcense durante case todo o ano, preto da costa ou até os 100 km en mar aberto.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende cinco especies:[4]

Nutrición[editar | editar a fonte]

As tranchas afumadas, moi consumidas nos países do norte de Europa, están entre os alimentos con maior contido en purinas.[7]
As persoas afectadas de gota ou que teñan niveis elevados de ácido úrico no sangue deben, por tanto, evitaren o seu consumo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sprattus en WORMS.
  2. Muus, Bent. J. (1998), pp. 91-92.
  3. 3,0 3,1 "Marine Species". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 06 de agosto de 2013. 
  4. Sprattus en ITIS (en inglés)
  5. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164.
  6. "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2013. 
  7. Various food types and their purine content (Diversos tipos de alimentos e o seu contido en purina)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]