Saltar ao contido

Spanish Wells

Spanish Wells
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.551 (2010) censo Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   8 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3776669 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bkcry Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Spanish Wells é unha pequena illa nas Bahamas, situada no norte da illa de Eleuthera e preto das pequenas illas de Caio St. George's e Charles Island. Mide menos de 3 km de longo cun ancho de aproximadamente 800 m. É tan pequena que moitos habitantes circulan ao redor da illa usando carros do golf. A súa superficie é de 1 km². Mentres que a poboación é de 1527 habitantes.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Historicamente, a illa foi utilizada como a última parada para os galeóns españois, antes de regresar a Europa, onde se cargaban de auga para o camiño, de aí o nome da illa (alxibe español).

Os primeiros colonos eran aventureiros de Eleuthera, Bermudas, que en 1647 afundíronse xunto aos seus barcos nun lugar chamado "Costas do Diaño". Logo de vivir nunha cova en Eleuthera, terminaron chegando a Spanish Wells. A eles uniranse máis tarde os colonos leais que fuxían da Revolución Americana.

Na actualidade, Spanish Wells é un centro para a pesca da lagosta. Anteriormente, o cultivo de ananás era a actividade económica máis importante. Nos últimos anos 70 e os anos temperáns 80, este distrito sirviu como centro para o contrabando de drogas ilícitas desde Suramérica a Norteamérica. A illa sufriu importantes danos durante o furacán Andrew en 1992 e Floyd en 1999. Moita xente en Spanish Wells e nos seus arredores comparten o apelido Pinder. A maioría da extensa poboación é branca.

Hai, ultimamente, moita preocupación pola introdución da especie estranxeira do Lionfish ás augas que rodean o St. Georges Cay. Estes peixes que non teñen ningún depredador natural, están matando aos peixes que son a fonte da renda principal para a industria pesqueira das illas. Convertéronse na fonte dunha certa tensión entre Spanish Wells e outras illas de Bahamas. O Atlantis Paradise Island, é considerado o posible responsable do lanzamento dos ovos do Lionfish no mar, que desde entón se expandiron ata Spanish Wells e Eleuthera. Ninguén oficialmente nomeouse responsable deste acto.