Soziedad Alkoholika
Aparencia
| Soziedad Alkoholika | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Soziedad Alkoholika, tamén coñecido por S.A., é un grupo de música vasco fundado en Gasteiz. O seu estilo musical é definido normalmente como crossover thrash, unión do thrash metal co hardcore punk, e vén da xeira de grupos vascos que trocaron o seu son punk por unhas composición máis metaleiras. Nas letras das súas cancións adoitan saír críticas a temas como o militarismo, o fascismo, o racismo ou o sexismo.
Membros
[editar | editar a fonte]Actualmente, a banda está formada por:
Discografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Nome | Selo | Formato | Detalles |
|---|---|---|---|---|
| 1990 | Intoxikazión etílika | DDT | Maqueta | En 1995 reeditado por Mil A Gritos. |
| 1991 | Soziedad Alkoholika | Overdrive | CD/LP | |
| 1992 | Feliz Falsedad | Overdrive | EP | Dedicado ao "consumo en que vivimos y a la hipocresía que se vive en esas fechas". |
| 1993 | Y ese que tanto habla... | Oihuka | CD/LP | |
| 1995 | Ratas | Mil A Gritos Records | CD/LP | Primeiro disco que editaron coa súa propia discográfica, Mil A Gritos Records. |
| 1996 | Diversiones...? | Mil A Gritos Records | CD/LP | Tódalas cancións son versións doutros grupos. |
| 1997 | No intente hacer esto en su casa | Mil A Gritos Records | CD/LP | |
| 1999 | Directo | Mil A Gritos Records | CD | Primeiro disco gravado co guitarrista Jabi. A canción "Ariel ultra" está dedicada a Aitor Zabaleta, asasinado un días antes tras un partido de fútbol entre o Atlético de Madrid e a Real Sociedad de Fútbol en Madrid. Inclúe dous temas inéditos: "Va bien" e "Cervezas y porros". |
| 2000 | Polvo en los ojos | Mil A Gritos Records | CD | |
| 2003 | Tiempos oscuros | Locomotive | CD | |
| 2008 | Mala Sangre | Roadrunner Records | CD | Primeiro disco que editaron coa discográfica Roadrunner Records. |
| 2009 | Sesión#2 | Roadrunner Records | CD & LP | |
| 2011 | Cadenas de odio | BOA Music | CD & LP | Publicado o 29 de novembro de 2011. |
| 2013 | Caucho Ardiendo | Noise | Digital | EP de 4 cancións distribuído en formato dixital. |
Vídeos
[editar | editar a fonte]| Ano | Nome | Selo | Formato | Outra información |
|---|---|---|---|---|
| 1994 | Kontzertua Gaztetxean | DDT | VHS | Dedicado aos gaztetxes, Gazte asanbladas, fanzines e radios libres. |
| 2006 | Corrosiva! | Locomotive | DVD/CD | DVD de ouro (50.000 copias vendidas) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do grupo Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Web oficial do grupo en myspace