Sona Jobarteh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sona Jobarteh
Aid for Trade Global Review 2017 – Day 1 (35705509882).jpg
Sona Jobarteh en xullo de 2017.
Nacemento1983
OrixeLondres, Reino Unido/Gambia
OcupaciónCantante e instrumentista
Instrumento(s)Voz e kora
Selo(s) discográfico(s)African Guild Records
Tempo en activo1987 - actualidade
Na rede
www.sonajobarteh.com
editar datos en Wikidata ]

Sona Jobarteh, nada en 1983[1] en Londres, é unha vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica. Medrou no seo dunha das cinco principais familias griot de África Occidental que tocan a kora, das que é a primeira muller recoñecida que toca este instrumento de xeito profesional.[1][2] É neta do mestre griot Amadu Bansang Jobarteh, curmá de Toumani Diabaté e irmá de Tunde Jegede, todos eles coñecidos instrumentistas de kora.[3] En agosto de 2017 deu un concerto na cuarta edición do Noia Harp Fest, no concello de Noia.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Spoken Herbs - (2006, produtora e artista convidada)
  • Music of the Diaspora (2006, banda sonora orixinal de 500 Years Later)
  • Nu Beginin' - (2007, artista convidada)
  • Afro Acoustic Soul - (2008, Sona Soul Records)
  • Light in the Shade of Darkenss - (2008, produtora e artista convidada)
  • Motherland: The Score - (2010, African Guild Records)
  • Fasiya - (2011, African Guild Records)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ya Salaam, Kalamu. The New Black Magazine, ed. "The Sona Jobarteh mixtape". Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  2. Heroinas.net (ed.). "Sona Jobarteh primera mujer instrumentista de Kora". Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  3. Mc Donnell, Wallee. "Tunde Jegede & Maya Jobarteh. (Special African Music night)". Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  4. "El Noia Harp Fest se despidió con un viaje musical intercontinental". La Voz de Galicia. 6 de agosto de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]