Sombriza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sombriza era unha embarcación de artes menores con base no porto lugués do Vicedo afundida nas proximidades de Illa Coelleira o 7 de xaneiro de 2008.

O Sombriza con 6, 5 metros de eslora, casco de madeira e folio 3-FE-2-2809. Era unha embarcación que recibe o nome de racú e no momento do seu naufraxio pescaba polbos con nasas.

O operativo de rescate activouse tras a chamada ao 112 dun pescador que ouvira voces que proviñan do mar. A embarcación de Salvamento Marítimo Salvamar Shaula, con base no porto de Cariño, o helicóptero Pesca2 con base en Celeiro, así como embarcacións voluntarias do Vicedo participaron no seu rescate. Porén, só puideron rescatar os corpos xa sen vida dos dous mariñeiros. As posíbeis causas sinaladas foron o exceso de nasas que desestabilizaría a embarcación ou un golpe de mar.

Neste naufraxio faleceron os seus dous tripulantes e provocou un debate sobre seguridade marítima, agudizado por outras traxedias marítimas recentes e polo feito de que a embarcación carecese de chalecos salvavidas e da radiobaliza de activación automática de 406 MHz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]