Soiuz TMA-9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-9
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de setembro de 2006, 4:08 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión215,35 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso21 de abril de 2007, 12:31 GMT[1][5]
NSSDC ID2006-040A
Masa7250 kg[5]

Soiuz TMA-9 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de setembro de 2006 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-9 foi lanzada cos cosmonautas Anousheh Ansari, Michael López-Alegría e Mikhail Tiurin a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento e experimentos. A nave acoplouse ao módulo Zaria e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-116 e STS-117 e dos cargueiros Progress M-58, Progress M-59 e Progress M-60. Regresou o 21 de abril de 2007 con López-Alegría, Tiurin e Charles Simonii.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 9" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 9" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 November 2006 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-59620 (E)). 28 de decembro de 2006: 3. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-9" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]