STS-116

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
STS-116
STS-116 Launch (KSC-06PD-2768).jpg
Lanzamento da misión STS-116
Tipo Tripulado
Organización NASA
Data de lanzamento 10 de decembro de 2006, 1:47GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Transbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamento Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión 12,86 días[6]
Obxectivo da misión Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso 22 de decembro de 2006[6]
NSSDC ID 2006-055A

STS-116 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 10 de decembro de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-116, con sete astronautas a bordo, entre eles o primeiro sueco, foi unha misión para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e reaprovisionala. A tripulación instalou a viga P5, recolleu un panel solar problemático na viga P6 e activou o sistema eléctrico e de arrefriaxe definitivo do mastro central da estación. O voo fora programado inicialmente para xullo de 2003, pero debido á traxedia da misión STS-107 veuse atrasado. Durante a STS-116 leváronse a cabo catro paseos espaciais.[3][5][6]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 22 de decembro de 2006.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 116" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 6 September 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-86848(E)). 17 de setembro de 2007: 3. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 116" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-116 / ISS 12A.1" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-116" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]