STS-117
| STS-117 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-117 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 8 de xuño de 2007, 23:38GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 13,84 días[6] |
| Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 22 de xuño de 2007[6] |
| NSSDC ID | 2007-024A |
STS-117 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de xuño de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-117, con sete astronautas a bordo, foi a última misión de importancia na construción da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Sturckow, o piloto Lee Archambault e os especialistas de misión Patrick Forrester, John Olivas, Clayton Anderson, Jim Reilly e Steven Swanson.[3][5][6][7]
O transbordador levou varias toneladas de subministracións e a tripulación instalou as vigas S3 e S4 cos seus correspondentes paneis solares. Tamén se montaron catro plataformas exteriores para experimentos. O voo fora programado inicialmente para outubro de 2003, pero debido á traxedia da misión STS-107 viuse atrasado.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra na base Edwards da Forza Aérea (California) debido a mal tempo en Cabo Cañaveral o 22 de xuño de 2007.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382(E)). 21 de decembro de 2007: 10. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-117 / ISS 13A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (2 de abril de 2008). "STS-117" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-117 |