Soiuz TMA-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz TMA-6
Soyuz TMA-6 Patch.png
Parche da misión Soiuz TMA-6.
TipoTripulada
Data de lanzamento15 de abril de 2005, 00:45 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión179,02 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso11 de outubro de 2005[1][5]
NSSDC ID2005-013A
Masa7250 kg[5]

Soiuz TMA-6 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de abril de 2005 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-6 foi lanzada cos cosmonautas Sergei Krikalev, John L. Phillips e Roberto Vittori a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibíu a visita da misión Soiuz TMA-7 e dos cargueiros Progress M-53 e Progress M-54. Regresou o 11 de outubro de 2005 con Krikalev, Phillips e Gregory Olsen.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 6" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 6" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 15 July 2005 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-87458 (E)). 23 de agosto de 2005: 2. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-6" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]