John L. Phillips
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de abril de 1951 Fort Belvoir, Estados Unidos de América (pt) |
| Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Academia Naval dos Estados Unidos Scottsdale High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta, físico |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | captain (en) |
| Tempo no espazo | 203 días, 17 horas e 22 minutos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
John Lynch Phillips, nado en Fort Belvoir, Virxinia, o 15 de abril de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e foi membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Phillips graduouse en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1972 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade do Oeste de Florida en 1974. É máster e doutor en xeofísica e física espacial pola UCLA en 1984 e 1987 respectivamente.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1996, participando nas misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e sendo membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 203,73 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Phillips, John Lynch" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2011). "JOHN L. PHILLIPS (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John L. Phillips |