Soiuz TMA-04M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-04M
TipoTripulada
Data de lanzamento15 de maio de 2012, 3:01 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión124,99 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso17 de setembro de 2012, 2:23 GMT[1][5]
NSSDC ID2012-022A
Masa7200 kg[5]

Soiuz TMA-04M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de maio de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-04M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Joseph Acaba, Gennadi Padalka e Sergei Revin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante cerca de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) e regresou o 17 de setembro de 2012 ás 2:23 GMT.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-04M estaba formada por Oleg Novitskii, Ievgeni Tarelkin e Kevin Ford.[5][2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 4M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 04M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 24 December 2013 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-82425 (E)). 8 de abril de 2013: 6. Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-04M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.