Kevin Ford
Kevin Ford | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de xullo de 1960 |
Lugar | Portland |
Actividade | |
Misións | Expedição 33, Expedição 34, STS-128 e Soiuz TMA-06M |
Tempo no espazo | 157,55 días |
Premios | Lexionario da Lexión do Mérito, Medalha de Serviço Distinto da NASA e Commendation Medal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kevin Anthony Ford, nado en Portland (Indiana) o 7 de xullo de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-128 e Soiuz TMA-06M, e ademais foi membro das expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ford graduouse en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Notre Dame en 1982 e é máster en Relacións Internacionais pola Universidade do Estado de Troy en 1989, máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Florida en 1994 e doutor en enxeñería astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1997.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 2000, participando nas misións STS-128 e Soiuz TMA-06M e sendo membro das Expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 157,55 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Ford, Kevin Anthony" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2014). "KEVIN A. FORD (COLONEL, U.S. AIR FORCE, RET.) NASA ASTRONAUT" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kevin Ford ![]() |