Soiuz TM-20
| Soyuz TM-20 | |
|---|---|
Parche da misión Soiuz TM-20. | |
| Tipo | Tripulada |
| Data de lanzamento | 3 de outubro de 1994, 22:42 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
| Duración da misión | 169,22 días[6] |
| Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
| Regreso | 22 de marzo de 1995, 4:04 GMT[1][6] |
| NSSDC ID | 1994-063A |
| Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de outubro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TM-20, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Elena Kondakova (a terceira muller rusa no espazo e a primeira nunha misión de longa duración), Ulf Merbold (da Axencia Espacial Europea) e Alexander Viktorenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
A tripulación probou o sistema de acoplamento automático Kurs desacoplando a Soiuz, afastándoa uns centos de metros e deixando que se volvese acoplar automaticamente, con éxito. O sistema fallara durante a chegada da Progress M-24. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-25.[2][3][4][5]
A Soiuz regresou a terra o 22 de marzo de 1995 ás 4:04 GMT, tocando terra a uns 22 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 "Note verbale dated 17 March 1995 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-52462). 23 de marzo de 1995: 4. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.