Saltar ao contido

Soiuz TM-19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-19
Parche da misión Soiuz TM-19.
TipoTripulada
Data de lanzamento1 de xullo de 1994, 12:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión125,95 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso4 de novembro de 1994, 11:18 GMT[1][6]
NSSDC ID1994-036A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-19 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 1 de xullo de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-19, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Malenchenko e Talgat Musabaiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-24, que tivo problemas na aproximación á estación e impactou con ela un par de veces. A nave tivo que ser acoplada de maneira remota manualmente por Malenchenko. Durante a misión tamén chegou a Soiuz TM-20.[2][3][4][5]

A Soiuz regresou a terra o 4 de novembro de 1994 ás 11:18 GMT, tocando terra a uns 110 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 "Note verbale dated 20 October 1994 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-27997). 14 de novembro de 1994: 5. Consultado o 19 de novembro de 2017.
  4. 1 2 3 4 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.