Soiuz MS-23
Soiuz MS-23 | |
---|---|
A Soiuz MS-23 achegándose á estación. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 24 de febreiro de 2023[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 27 de setembro de 2023[1] |
NSSDC ID | 2023-024A |
Soiuz MS-23 foi unha misión espacial rusa lanzada sen tripulación o 24 de febreiro de 2023 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz MS-23, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada para acoplarse automaticamente coa Estación Espacial Internacional para traer de volta a Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Frank Rubio despois dun problema de perda de refrixerante na súa nave, a Soiuz MS-22. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria de dous días e acoplándose ao módulo Poisk. O 6 de abril de 2023 a nave foi recolocada no módulo Prichal para deixar o Poisk libre para a chegada da nave de carga Progress MS-23. A Soiuz MS-23 desacoplouse da estación o 27 de setembro para volver tripulada a terra unhas horas despois, aterrando ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-23" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS 23" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 22 March 2023 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (23-07130 (E)). 17 de abril de 2023: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-23 replacement ship completes ISS mission" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-23 |