Soiuz 37

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz 37
Soyuz37 patch.png
Parche da misión Soiuz 37
TipoTripulada
Data de lanzamento23 de xullo de 1980, 18:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión7,86 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso31 de xullo de 1980, 15:15 GMT[1][6]
NSSDC ID1980-064A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 37 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 23 de xullo de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 37, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Viktor Gorbatko e Pham Tuan (o primeiro cosmonauta de Vietnam) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso, entre eles a observación de Vietnam desde o espazo, experimentos biolóxicos e procesamento de materiais.[2][3][4][5]

Gorbatko e Tuan regresaron á Terra na nave da misión Soiuz 36, pertencente á anterior misión Interkosmos, formada por Valeri Kubasov e Bertalan Farkas (o primeiro cosmonauta de Hungría) e deixando a súa Soiuz , máis nova e fresca, na estación. Aterraron o 31 de xullo de 1980 ás 15:15 GMT.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 37" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 37" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 15 October 1980 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-25882). 24 de outubro de 1980: 3. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 37" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 37" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]