Soiuz 34

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 34
Unha Soiuz 7K-T
TipoTripulada
Data de lanzamento6 de xuño de 1979[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso19 de agosto de 1979[1]
NSSDC ID1979-049A

Soiuz 34 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 6 de xuño de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que volveu tripulada a terra.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz 34 foi unha Soiuz 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para auxiliar aos membros da Soiuz 32, acoplada nese momento á estación Saliut 6. A estación debía ter recibido a visita da Soiuz 33, pero un problema co seu motor abortou o acoplamento e a nave tivo que facer un regreso de emerxencia. Preocupados porque o mesmo tipo de fallo puidera afectar á Soiuz 32 impedindo o seu regreso unha vez desacoplada da estación, o control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, cun motor revisado e funcional, para que os cosmonautas da Saliut 6 regresaran nela. Finalmente a nave regresou o 19 de agosto de 1979 cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 34" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz 34" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 26 November 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-37403 (E)). 19 de decembro de 1979: 4. Consultado o 25 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "The Salyut era: First space stations" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]