Saltar ao contido

Soiuz 35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 35
Selo conmemorativo da misión Soiuz 35
TipoTripulada
Data de lanzamento9 de abril de 1980, 13:38 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión184,84 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso3 de xuño de 1980, 15:07 GMT[1][6]
NSSDC ID1980-027A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 35 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de abril de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que marcou un récord de permanencia no espazo cos seus 184 días de misión.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soyuz 35, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Leonid Popov e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión de longa duración que lle arrebatou o récord de permanencia no espazo ós cosmonautas da misión Soiuz 32.[2][3][4][5]

Durante a súa estancia, Popov e Ryumin recibiron a visita doutras catro tripulacións temporais e tres naves Progress de provisionamento, e intercambiaron nave cos membros da Soiuz 37. Adicáronse a facer tarefas de mantemento, como reparar e acondicionar o sistema de control de actitude e o sistema de soporte vital, substituír o aire da estación e instalar unha nova batería de 80 kg. Os cosmonautas volveron á terra na Soiuz 37 o 11 de outubro de 1980 ás 9:50 GMT, tras pasar 184,84 días en órbita.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 35" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 35" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 15 August 1980 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-19961). 25 de agosto de 1980: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
  4. 1 2 3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 35" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz 35" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.