Saltar ao contido

Soiuz 33

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 33
Logo da misión Soiuz 33
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de abril de 1979, 17:34 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1,96 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso12 de abril de 1979, 16:35 GMT[1][6]
NSSDC ID1979-029A
Masa6000,0 kg[2][5][6]

Soiuz 33 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de abril de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soyuz 33, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Nikolai Rukavishnikov e Georgi Ivanov (primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión do programa Interkosmos. O acoplamento fallou debido a un problema co motor principal da nave Soiuz : a 4 km de distancia da estación a nave acendeu o seu motor no que deberían ser 6 segundos de ignición, pero apagouse aos 3. O sistema Igla de acoplamento automático tamén fallou. Os tripulantes da estación, observando a manobra, informaron de lapas saíndo dos laterais do motor, polo que o control de terra decidiu abortar o achegamento e que a Soiuz 33 regresara a terra canto antes. A nave usou o motor de reserva, para o cal tiña que ter funcionado durante 188 segundos, período ao final do cal non se apagou automaticamente. Rukavishnikov e Ivanov, inseguros sobre se o motor funciora co pulo adecuado, o deixaron funcionar durante 25 segundos máis antes de detelo manualmente. Como consecuencia, a cápsula tripulada reentrou nun ángulo máis acusado do habitual, no que se denomina reentrada balística, sometendo aos cosmonautas a unha forza de ata 10 G. A cápsula tocou terra ás 16:35 GMT. O motor avariado non puido ser analizado debido a que a sección que o contiña foi exectada como parte normal do procedemento de reentrada atmosférica, polo que os enxeñeiros non conseguiron aclarar a orixe do problema e, temendo que fose un problema que tamén afectara á nave Soiuz 32 da tripulación en órbita na Saliut 6, decidiron enviar a nave Soiuz 34, non tripulada, como nave de substitución para os cosmonautas da estación.[2][3][4][5]

  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 33" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.
  3. 1 2 3 "Note verbale dated 13 July 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-19421). 20 de xullo de 1979: 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
  4. 1 2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]