Sociedad Estatal de Promoción de Suelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedad Estatal de Promoción de Suelo
Tipoentidade pública empresarial
Fundación1959
LocalizaciónMadrid
FundadorMinisterio de Industria de España
Produtosdesenvolvemento e planificación de solo industrial, terciario e residencial
Na rede
https://www.sepes.es
editar datos en Wikidata ]
Tapa de rexistro da SEPES no polígono industrial de Bergondo.

A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.

Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.

O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.

Evolución histórica[editar | editar a fonte]

SEPES é herdeira directa de dous organismos públicos que alcanzaron un gran prestixio no ámbito urbanístico da Administración do Estado:[1]

  • Gerencia de Urbanización
  • Instituto Nacional de Urbanización (INUR)

A Gerencia de Urbanización creouse en 1959 co obxectivo de preparar solo urbanizado. Actuou até 1972, ano en que pasou a se denominar Instituto Nacional de Urbanización, desenvolvendo unha importante actividade urbanizadora de solo residencial e industrial até 1981.

En 1981 extinguiuse o INUR, adscribíndose á recentemente creada Sociedad Estatal de Promoción e Equipamento de Suelo (SEPES) boa parte do seu persoal e a totalidade das súas actuacións urbanísticas industriais e transferíndose as súas actuacións residenciais ás Comunidades Autónomas.

Ámbito de Actuación[editar | editar a fonte]

Por medio do Real Decreto 1525/99 de 1 de outubro, SEPES, Entidade Pública Empresarial de Suelo abriuse outra etapa para esta Entidade Pública na que se marcan novos obxectivos e se amplía o ámbito de actuación a solo terciario e de servizos.

Polígonos industriais desenvolvidos na comunidade galega[editar | editar a fonte]

O SEPES tamén ten unha participación maioritaria en Suelo Empresarial del Atlántico, entidade que se dedica á promoción de solo empresarial en Galiza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SEPES (2013-10-22). "¿Que es SEPES?". www.sepes.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-28. 
  2. "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" (PDF). Insitituo Galego de Vivenda e Solo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04-10-2017. Consultado o 04-05-2017.