Polígono industrial do Tambre
Polígono industrial do Tambre | |
---|---|
Factoría de FINSA. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1975 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
42°54′33″N 8°30′41″O / 42.909111111111, -8.5113333333333 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O polígono industrial do Tambre, situado ó norte da cidade de Santiago de Compostela, é un polígono industrial que acolle a máis de 450 empresas nunha superficie de 1.200.000 metros cadrados. Creado en 1975 e ampliado en 2004, xera uns 6500 postos de traballo directos.
Descrición[editar | editar a fonte]
Conta con servizos de transporte público, vixilancia privada, gardería, edificio de usos múltiples, restaurantes, area de servizo e recollida de lixos. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) creada en 1979 encárgase da defensa dos intereses dos asociados.
Anexo ó polígono atópase o cemiterio de Boisaca. Importantes empresas como FINSA ou Castrosua teñen as súas factorías moi preto do polígono, malia que non pertencen a el. Os sectores da automoción, dos servizos, da construción, da distribución ou venda e do transporte son os máis presentes neste parque empresarial. Mercagalicia, URO, Gamelsa e Donuts son algunhas das empresas do Tambre.
Accesos[editar | editar a fonte]
- N-550. P. K. 57 a 58.
- SC-20. "Santiago norte / Polígono industrial".
- Rúa do Tambre - Vial de Marconi - Estrada a Trazo.