O seu ámbito de publicación inclúe todos os aspectos da ornitoloxía tanto de España como no resto do mundo, aínda que se centra especialmente nas rexións de clima mediterráneo e no Neotrópico, así como en traballos aplicados sobre conservación de aves e os seus hábitats.
Edítase semestralmente (no mes de xuño e decembro, un volume por ano, con dous números). Os artigos orixinais e notas breves están escritos tanto en castelán como en inglés, recomendándose o emprego deste último.
O Comité Editorial promove a rápida publicación dos manuscritos sometidos á revisión de ornitólogos expertos.
Ardeola tamén publica a lista oficial de observacións de Aves Raras en España e os nomes en castelán das aves do mundo, así como revisións da maior parte dos libros que chegan á biblioteca de SEO/BirdLife e resumos en castelán de traballos ornitolóxicos realizados en rexións de clima mediterráneo que se publican noutras revistas científicas.