Smile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Smile
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1968 - 1970
1992
2018
Xénero(s)blues rock, rock psicodélico, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Mercury Records
MembrosBrian May
Tim Staffell
Roger Taylor
Antigos membrosBrian May
Tim Staffell
Roger Taylor
Artistas relacionadosQueen
Na rede
Musicbrainz: 41337bb4-2ca9-42a9-8409-daf0081f004e Discogs: 667383 Allmusic: mn0001897262 Editar o valor em Wikidata

Smile foi un grupo de música activo desde 1968 a 1970, formado por Tim Staffell (voz e baixo), Brian May (guitarra) e Roger Taylor (estes dous últimos despois integrantes de Queen). Foi unha das bandas que no seu día abraiara a un rapaz chamado Farrokh Bulsara, coñecido máis adiante como Freddie Mercury, quen posteriormente rematou por unirse a eles. Foi nese momento cando decidiron mudar o nome da banda, e naceu Queen.[1] 

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brian May e Tim Staffel formaran a banda cando estaban na universidade e ao necesitar un batería, tras pór avisos na universidade e facer varias audicións, aceptaron a Roger Taylor quen, dende ese momento foi o batería oficial do grupo e se converteu nun grande amigo de Brian May.

Dende finais de 1968 e a primeira metade de 1969 deron concertos en sitios como o Imperial College de Londres e en Truro, lugar de orixe de Roger. Foron abreconcertos de conxuntos coma Pink Floyd, Yes e The Troggs. Tamén actuaron no Royal Albert Hall de Londres xunto a Free, Joe Cocker e Bonzo Dog Doo-Dah Band.

En xuño de 1969, a banda conseguiu gravar tres temas nos estudos Trident de Londres: "Earth" e "Step On Me", que foron lanzados como o único disco sinxelo do grupo e só en Estados Unidos, en agosto dese ano. O terceiro tema "Doin' Alright", escrito por Tim e Brian foi, posteriormente, regravado por Queen para o seu álbum de debut, aínda que a canción retitulouse como Doing All Right. No mes seguinte, realizaron outro concerto en Truro, antes de entrar en De Lane Lea Studios para gravar tres novos temas: "April Lady", "Polar Bear" e "Blag". Este último cos primeiros bosquexos do que despois sería "Brighton Rock" do álbum de Queen, Sheer Heart Attack.

Smile realizou tan só dous concertos máis antes de que Tim abandonara o grupo, en marzo de 1970, para se unir ao grupo Humpy Bong, pois opinaba que tocando en universidades e tabernas non chegarían a nada. Este feito facilitou a entrada no grupo de Fredie Mercury, dando orixe a Queen, e que pouco tempo despois chegara John Deacon, co que se completou a formación definitiva.

En 1982, 12 anos despois da desintegración do grupo, lanzouse non mercado xaponés unha recompilación dos 6 temas gravados por Smile, debido a alta demanda de todo o relacionado con Queen por parte dos afeccioados xaponeses.

O 21 de decembro de 1992, Tim Staffell uniuse a un concerto dado pola banda de Roger Taylor, The Cross, no Marquee Club de Londres. E ao día seguinte, uniuse nun segundo concerto Brian May, reunindo 23 anos despois da última presentación, a Smile ao completo e interpretaron dous temas: "Earth" e "If I Were A Carpenter".

En 1997, lanzouse en formato CD, o disco Ghost Of A Smile, cos 6 temas de Smile. Finalmente en 2003, Tim Staffell e Brian May volveron gravar "Earth" e "Doing Alright" para o disco en solitario de Staffell.

En 2018, co lanzamento da película biográfica de Queen, Bohemian Rhapsody, sóubose que a etapa de Smile estaría reflectida na pantalla. Despois, durante a posprodución da cinta, May, Taylor e Staffell reuníronse nos estudos Abbey Road, para regravar Doin' Alright. Segundo Staffell, Brian May sentiuse insatisfeito coa voz do actor que fai o papel de Staffell, afirmando: "Fun a Abbey Road e dobrei algunhas partes cantando "Doin’ Alright". Intentamos que soara máis a Smile, e coido que funcionou. Fixémolo un pouco máis agresivo, máis cru; que se parecera máis ao son da época en que se gravou, a pesar de que a maioría das pistas sexan da versión de Queen".[2] A canción, tamén foi compilada na banda sonora da película.[3]

Temas derivados a Queen[editar | editar a fonte]

Algunhas das cancións máis coñecidas desta formación acabaron converténdose en temas editados por Queen, como "April Lady", "Polar Bear", "Earth" ou "Doing all Right", este último gravado no primeiro disco de Queen e que foi a única canción de Smile que Queen seguiu interpretando.

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Concertos realizados pola banda[editar | editar a fonte]

(Os concertos en cursiva foron gravados e se poden ver no vídeo "Queen - Champions of the World"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Queen - Birth of a Rock Legend". h2g2.com (en inglés). 27 de maio de 2005 (actualizado o 25 de xullo de 2013). Consultado o 25-11-2019. 
  2. Reyo, Ignacio (5-9-2018). "Tim Staffell, el hombre que pudo reinar". efeeme.com (en castelán). Consultado o 25-11-2019. 
  3. Peacock, Tim (5-12-2018). "NEWS‘Bohemian Rhapsody’ Original Film Soundtrack Set For October Release". udiscovermusic.com. Consultado o 25-11-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.