Truro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°15′36″N 5°03′04″O / 50.260, -5.051

Truro
Truru
Truro stmarysst.jpg
Catedral de Truro dende a rúa de St Mary.
Localización
Truro en Inglaterra
Truro
Truro
PaísFlag of the United Kingdom (3-5).svg Reino Unido
NaciónInglaterra Inglaterra
RexiónSuroeste de Inglaterra
CondadoCornualla Cornualla
Demografía
Poboación19.134 hab. (2010)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postalTR1-4
Páxina oficial de Truro

Truro (en inglés) ou Truru (en córnico) é a capital do condado de Cornualla, pertencente a Inglaterra, Reino Unido. Con 20.920 habitantes[1] (2001) é o centro administrativo, de ocio e mercantil deste condado, sendo a súa única cidade.

Está situada nas orelas do río Truro, próxima á súa desembocadura na Canle da Mancha. Destacan nela a súa industria da cerámica, téxtil, madeireira e alimentaria.

O monumento máis destacado de Truro é a súa catedral neogótica, que alcanza unha altitude de 76 metros, que se empezou a construír no 1880 e rematouse no ano 1910, foi construída na localización da antiga St. Mary's Church, consagrada seiscentos anos antes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe do nome de Truro é incerto. Díxose que derivaba do córnico tri-veru ("tres ríos"), mais referencias como o Oxford and Cambridge Dictionaries of English Place Names rexeitan esta teoría. Tamén o principal experto dos nomes de lugares córnicos, Oliver Padel, no seu libro A popular dictionary of Cornish place-names di que o significado de "tres ríos" non é posíbel.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Census 2001 Key Statistics for urban areas in England and Wales" (PDF) (en inglés). National Office of Statistics. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 2004-07-22. Consultado o 1 de xuño de 2009. 
  2. Oliver Padel A popular dictionary of Cornish place-names, Penzance, A. Hodge, 1988 ISBN 0-906720-15-X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]