Smaug (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Smaug é un xénero de lagartos espiñosos do sur de África, que foron separados do xénero Cordylus en 2011 baseándose en datos de filoxenia molecular global dos Cordylidae. A especie tipo é Smaug giganteus (anteriormente Cordylus giganteus).[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero foi nomeado polo nome do personaxe Smaug, que é un dragón que aparece na obra de J. R. R. Tolkien O hobbit. E. L. Stanley indica que segundo Tolkien o nome deriva do verbo do xermánico antigo smeugen (meter a presión a través dun burato). Igual que esta especie de lagarto, o dragón Smaug vivía baixo terra e estaba fortemente acoirazado. Tolkien naceu no Estado Libre de Orange, en Suráfrica, que está no centro da zona de distribución desta especie. O nome é masculino.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son lagartos grandes (extremadamente grandes entre os Cordylidae), e chegan a medir ata 112–205 mm de lonxitude desde o extremo da cabeza á cloaca. O corpo é subcilíndrico en sección transversal e robusto. Os membros son de lonxitude moderada e os dedos non están reducidos. As escamas dorsal e caudal están agrandadas e son espiñosas. As espiñas occipitais están moi agrandadas. As escamas nasais non están en contacto entre si. A escama frontonasal ten un amplo contacto coa escama rostral. A lingua está parcial ou totalmente pigmentada. Os osteodermos están distribuídos por todo o corpo.[1]

Reproduction[editar | editar a fonte]

Son ovovivíparos e dan a luz de 1 a 6 crías.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Hai oito especies neste xénero:[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Stanley, Edward L.; Bauer, Aaron M.; Jackman, Todd R.; Branch, William R.; Mouton, P. Le Fras N. (2011). "Between a rock and a hard polytomy: Rapid radiation in the rupicolous girdled lizards (Squamata: Cordylidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 58 (1): 53–70. doi:10.1016/j.ympev.2010.08.024. 
  2. Smaug no Reptarium.cz Reptile Database
  3. Stanley, E. L.; Bates, M. F. (2014). "Here be dragons: A phylogenetic and biogeographical study of the Smaug warreni species complex (Squamata: Cordylidae) in southern Africa". Zoological Journal of the Linnean Society 172 (4): 892–909. doi:10.1111/zoj.12187. [1]