Slavy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slavy
Información persoal
Nome Borislav Ivaylov Stankov
Nacemento 5 de maio de 2002
Lugar de nacemento Huesca
Altura 1,71 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Unionistas
Número 9
Carreira xuvenil
Juventud de Huesca
Zaragoza
Huesca
2018–2019 Valencia
2019–2021 Valladolid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2023 Valladolid Promesas 57 (9)
2021– Valladolid 1 (0)
2023– Unionistas 7 (2)
Selección nacional
2020 España sub-18 4 (2)
2022– Bulgaria sub-21 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de outubro de 2023.
Selección: actualizado a 22 de outubro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Borislav Ivaylov Stankov (en búlgaro: Борислав Ивайлов Станков), máis coñecido como Slavy, nado en Huesca o 5 de maio de 2002, é un futbolista hispano-búlgaro que xoga como dianteiro no Unionistas de Salamanca CF, cedido polo Real Valladolid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pais búlgaros,[1] naceu en Huesca e formouse como futbolista nas canteiras do Juventud de Huesca, Zaragoza, Huesca, Valencia e Valladolid.[2] O 12 de xaneiro de 2020, con 17 anos, debutou co Valladolid Promoesas na Segunda División B, substituíndo a Carlos Doncel no cuarto de media hora final dun partido ante o Izarra.[3]

En febreiro de 2020 renovou o seu contrato co club valisoletano ata 2023,[4] pero en xuño sufriu unha grave lesión no xeonllo que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante os seguintes meses.[5][6] Debutou co primeiro equipo do Valladolid na Segunda División o 8 de outubro de 2021, no empate a un gol ante o Málaga, cando o adestrador Pacheta lle deu entrada nos instantes finais no lugar de Toni Villa.[7]

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.[8]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Despois de disputar en 2020 catro partidos coa selección española sub-18,[9] en 2022 decidiu pasar a representar internacionalmente a Bulgaria, nación de seus pais.[10] O 15 de marzo de 2022 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección búlgara sub-21,[11] coa que debutou finalmente en setembro, nun partido ante Hungría.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alvarado, Arturo (10 de ouutbro de 2021). "Slavy, presente y futuro del Pucela" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  2. "Slavy, pasado oscense y futuro en la selección sub-18" (en castelán). 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  3. "Slavy, tercer jugador del 2002 que debuta con el Real Valladolid Promesas" (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  4. Domínguez, Jesús (29 de febreiro de 2020). "Slavy será blanquivioleta hasta 2023". As (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  5. Domínguez, Jesús (28 de xuño de 2020). "Slavy pasará por quirófano y se perderá el playoff del Promesas". As (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  6. "Slavy, un regreso emocionante" (en castelán). 25 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  7. P. Baraja, Jesús (8 de outubro de 2020). "Valladolid y Málaga igualan en mitad de la locura". Marca (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  8. "Slavy, cedido a Unionistas CF" (en castelán). 27 de xullo de 2023. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  9. "Slavy debuta con el Valladolid" (en castelán). 9 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  10. "Нападател на Валядолид ще бъде повикан в младежкия ни национален отбор" (en búlgaro). 16 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  11. "Състав на България U21 за европейските квалификации срещу Нидерландия и Уелс" (en búlgaro). 15 de marzo de 2022. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  12. "Hungría sub-21 - Bulgaria sub-21 2022". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 22 de outubro de 2023.