Despois de lanzar o EPGypsyhook EP no 2009, Moore tiña previsto a gravación do seu álbum de estudio Bells, xunto co produtor Noah Shain. Porén, parou a produción do álbum e comezou a súa andaina baixo o nome de Skrillex, distribuíndo o EP My Name Is Skrillex mediante descarga gratuíta na súa páxina oficial de MySpace. Máis tarde, lanzou o Scary Monsters and Nice Sprites a finais de 2010 e More Monsters and Sprites a mediados de 2011, cos cales conseguiu un éxito comercial moderado. O 30 de novembro de 2011, foi nomeado a cinco Premios Grammy, e gañou tres galardóns: "Mellor Álbum Dance/Electrónica", "Mellor Gravación Dance" e "Mellor Gravación Remixed, Non Clásica".[4] On 5 de decembro de 2011, a BBC anunciou que estaba nomeado á votación Sound of 2012.[5] O 12 de decembro de 2011, foi galardoado co Premio MTV como Mellor artista do ano de música dance electrónica.[6] Skrillex gañou un total de seis Premios Grammy.