Sistema (corpus teórico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A palabra sistema foi utilizada polos estoicos co significado de orde. A notación de orde aplicouse tanto aos obxectos como aos conceptos. No mundo grego tiña moita importancia a orde cósmica e pensábase que todo estaba sometido a unha lei que rexía o acontecer. Sócrates descobre o valor do concepto, que será a base da lóxica que desenvolverá Aristóteles e os estoicos. A noción de sistema está agora na orde dos conceptos. A idea de sistema enriqueceuse especialmente nos séculos XVIII e XIX co pensamento de Kant e Hegel. O primeiro subliña que o coñecemento que ignora o sistema non pasa de ser un simple agregado. O segundo pretende unificar a totalidade dos coñecementos no seo dun todo orgánico.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Procede de grego "systema": reunión, conxunto, corporación. Nun sentido xeral un sistema é un conxunto organizado, do cal os seus elementos están unidos ou vinculados entre si (por exemplo o sistema solar).

En filosofía esta palabra ten outro significado diferente: Conxunto de elementos relacionados que forman un todo orgánico (por exemplo o sistema de Copérnico, ou o Sistema de Hegel)

Definicións particulares de filosofía[editar | editar a fonte]

Kant[editar | editar a fonte]

Segundo o filósofo prusiano Immanuel Kant:

"Por sistema entendo a unidade dos diversos coñecementos baixo unha idea. Esta é o concepto racional da forma dun todo, en canto que mediante tal concepto denomínase a priori tanto a amplitude do diverso como o lugar respectivo das partes no todo".

Hegel[editar | editar a fonte]

O filósofo Hegel:

"A ciencia deste (O absurdo) é esencialmente sistema, porque o verdadeiro só é desenvovéndose dentro de si como concreto e tomándose e reténdose (todo) xunto en unidade, é dicir solo é como totalidade."

Kierkegaard[editar | editar a fonte]

O filósofo e teólogo dinamarqués Søren Kierkegaard:

"A existencia separa as cousas e mantenas distintas; o sistema coordinas nun todo cerrado."

Zubiri[editar | editar a fonte]

O filósofo español Xavier Zubiri:

"(A) comunidade radical e determinada de cada cousa con todo, é ao que se lle chama sistema. Saber algo é sabelo sistematicamente na súa comunidade con todo. Ciencia é entón sistema. Este sistema expresa a maneira como o que realmente é, chegou a ser "isto".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diderot y d'Alembert. chez pellet, ed. Encyclopédie. Ginebra. p. 297. 
  • Kant, Immanuel (1989). Alfaguara, ed. Crítica de la razón pura. Madrid. p. 647. 
  • Kant, Immanuel (1935). Sociedad General Española de Librería, ed. Lógica Introducción IX. Madrid. p. 68. 
  • Alianza, ed. (1997). Enciclopedia de las ciencias filosóficas, Introducción. Madrid. p. 117. 
  • Editions de l'Orante (ed.). Postscriptum definitif et non scientifique aux Miettes philosophiques. p. 112. 
  • Naturaleza, historia, Dios, Parte. 1987. p. 73.