Sinfonía n.º 5 (Beethoven)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ludwig van Beethoven

A Sinfonía n.º 5 en dó menor, op. 67, é unha sinfonía do compositor alemán Ludwig van Beethoven, escrita entre 1804 e 1808. É unha das máis célebres composicións da música clásica e unha das sinfonías máis interpretadas,[1] amplamente considerada unha das pedras angulares da música occidental. Representada por primeira vez no Theater an der Wien en 1808, a obra acadou a súa prodixiosa reputación pouco despois. E. T. A. Hoffmann describiu a sinfonía como "unha das obras máis importantes da época". Como é típico das sinfonías durante a transición entre as épocas clásica e romántica, a Quinta Sinfonía de Beethoven ten catro movementos.

Comeza cun distintivo motivo de catro notas "curta-curta-curta-longa":

{\clef treble \key c \minor \tempo "Allegro con brio" 2=108 \time 2/4 {r8 g'\ff[ g' g'] | ees'2\fermata | r8 f'[ f' f'] | d'2~ | d'\fermata | } }

Historia[editar | editar a fonte]

A Quinta Sinfonía tivo un longo proceso de desenvolvemento dende que Beethoven elaborou as ideas musicais da obra. Os primeiros "bosquexos" (borradores de melodías e outras ideas musicais) datan de 1804 despois da finalización da Terceira sinfonía.[2] Beethoven interrompeu varias veces o seu traballo na Quinta para preparar outras composicións, incluída a primeira versión de Fidelio, a sonata para piano Appassionata, os tres cuartetos de corda Razumovsky, o concerto para violín, o cuarto concerto para piano, a Cuarta Sinfonía e a Misa en Dó. A preparación final da Quinta Sinfonía, que tivo lugar en 1807–1808, levouse a cabo en paralelo á Sexta Sinfonía, que se estreou no mesmo concerto.

Beethoven tiña uns trinta anos durante ese tempo; a súa vida persoal viuse perturbada polo aumento da xordeira.[3] No mundo en xeral, o período estivo marcado polas guerras napoleónicas, as turbulencias políticas en Austria e a ocupación de Viena polas tropas de Napoleón en 1805. A sinfonía foi escrita no seu aloxamento de Casa Pasqualati en Viena. O movemento final cita unha canción revolucionaria de Claude Joseph Rouget de Lisle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schauffler, Robert Haven (1933). Beethoven: The Man Who Freed Music. Garden City, Nova York: Doubleday, Doran, & Company. p. 211. 
  2. Hopkins, Antony (1977). The Nine Symphonies of Beethoven. Scolar Press. ISBN 1-85928-246-6. 
  3. "Beethoven's deafness". lvbeethoven.com. Consultado o 31 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]