Simun Fadul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
سيمون فضول
(Simun Fadul)
Bispo da Igrexa católica maronita
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal9 de agosto de 1987, por Yusuf Bixara
Consagración episcopal7 de abril de 2018, por Bixara Pedro al-Rai
Bispo de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan
Visitador apostólico da África Meridional
13 de xaneiro de 2014 - actualidade
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Simun Fadul[1] (árabe: سيمون فضول), nado o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi (Líbano) é un bispo católico maronita, actual bispo de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Simun Fadul naceu o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi. O 9 de agosto de 1987 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Antelias,[2] polo entón arcebispo Yusuf Bixara.

O 13 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno exarca apostólico da África Occidental e Central e visitador apostólico da África Meridional.[2] Coa elevación da sé o 28 de febreiro de 2018 foi nomeado primeiro bispo, recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai o 7 de abril.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén coñecido pola transcrición francesa do seu nome, Simon Faddoul.
  2. 2,0 2,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (13/01/2014). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]