Sikorsky SH-3 Sea King
| Sikorsky SH-3 Sea King | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Fabricante
| |||||||||
|
Total producido
| |||||||||
|
Impulsado por
| |||||||||
|
Identificador militar
| |||||||||
|
Armamento
M60 (pt)
Penguin (en) carga de profundidade (pt) MBDA Exocet (pt) Sea Killer (en) MBDA Sea Skua (pt) Sting Ray torpedo (en) Mk 46 (pt) Mark 50 torpedo (en) M134 Minigun (pt) Mark 44 torpedo (en) Sea Eagle (en) | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
O Sikorsky SH-3 Sea King (designación da compañía S-61) é helicóptero antisubmarino de dous motores deseñado e construído por Sikorsky Aircraft. O seu desexo foi un fito ao tratarse do primeiro helicótero anfibio e un dos primeiros en usar motores turboeixo.[1]
O Sea King ten a súa orixe nos esforzos da Armada dos Estados Unidos como un medio de contrarrestar a crecente ameaza dos submarinos soviéticos durante os anos 50. En consecuencia, o helicóptero foi desenvolvido especificamente para ofrecer unha plataforma antisubmarina capaz. O Sea King foi inicialmente designado HSS-2 coa intención de implicar un certo grao de puntos en común co anterior HSS-1, posteriormente recibiu a designación SH-3A a principios dos anos 60.
Introducido en 1961, operou na Armada estadounidense como un activo antisubmarino e utilitario clave durante varias décadas antes de ser substituído polo non anfibio Sikorsky SH-60 Seahawk nos ano 90. O Sea King tamén realizou outros roles e misións como busca e rescate, transporte, evacuación médica, operacións anti-buque e alerta temperá. Varios Sea King, operados pola unidade HMX-1 do Corpo de Marines, son usados como helicópteros oficiais do Presidente dos Estados Unidos co indicativo 'Marine One'.
O Sea King tamén demostrou ser popular no mercado de exportación e incluso chego a ser vendido a operadores civís. En 2015 aínda quedaban moitos exemplares en servizo en nacións de todo o mundo. O Sea King foi fabricado baixo licenza por Agusta en Italia, Mitsubishi no Xapón e Westland no Reino Unido como o Westland Sea King. As principais vesións civís son o S-61L e o S-61N.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]
Durante a guerra fría a Armada soviética fabricou unha gran e variada frota de submarinos que chegou a pasar das 200 unidades operativas. A Armada dos Estados Unidos decidiu contrarrestar esta ameaza mellorando e desenvolvendo varias capacidades de guerra antisubmarina (ASW), que resultarían no desenvolvemento do Sea King.[2] A finais dos anos 50 a Armada estadounidense estaba ansiosa por aproveitar os novos progresos realizados nos motores turboeixo e encargou un helicóptero naval para os seus propósitos. Sikorsky rcibiu unha petición da Armada de deseñar un novo helicóptero de turbina capaz de realizar misións antisubmarinas; a especificación proporcionada incluía un sónar de inmersión, catro horas de duración de misión, e a habilidade de poder levar unha carga de armas de 840 libras.[3]
En 1957 Sikorsky foi premiada cun contrato para producir un helicóptero anfibio todo-tempo para a Armada. Segundo as especificacións anteriores este novo helicóptero debería sobresaír na loita antisubmarina; en particular, combinaría os roles de cazador e asasino, xa que esas tarefas foran anteriormente realizadas por dous helicópteros distintos.[4][3] Tamén foi o primeiro helicóptero adquirido baixo o novo concepto de sistema de armas da Armada, baixo o cal Sikorsky era responsable non só do deseño e fabricación da célula, senón tamén de todos os principais sistemas a bordo do aparello, como o sónar, o equipo de navegación, os dispositivos electrónicos e o equipamento de apoio. Como tal, a suite de navegación para o helicóptero foi desenvolvida de forma conxunta por Sikorsky e pola Armada.[5]
As características clave do helicóptero ASW emerxente incluirían o seu casco anfibio, permitindo ao aparello realizar amaraxes doadamente, e a adopción dun arranxo de motor turboeixo drobre que permitía un aparello máis grande, máis pesado e mellor equipado que o posible en anteriores helicópteros.[4][5][6] A designación HSS-2 aplicouse para implicar un certo nivel de características comúns co anterior HSS-1, no caso de que os sentimentos políticos se opuxesen ao desenvolvemento dun helicóptero totalmente novo.[3] Fabricáronse un total de dez prototipos para apoiar o programa de desenvolvemento. En marzo de 1959 o primeiro deles realizou o seu voo de estrea.[4]
A principios de 1961 un par de prototipos foron estacionados no portaavións Lake Champlain para cumprir unha demanda de probas sobre a adecuación do aparello aos portaavións; esas probas, onde se comprobou o mecanismo de pregado das palas do rotor principal e unha serie de engalaxes con ventos de máis de 50 mph, completáronse con éxito a mediados de 1961.[7] Pouco despois de rematar esas probas a Armada aceptou formalmente a entrega do primeiro HSS-2, que posteriormente sería redesignado como o SH-3A en setembro de 1961.[8] Tras entrar en servizo non era só o helicóptero anfibio máis grande do mundo, senón tamén o primeiro helicóptero todo-tempo en ser producido para a Armada estadounidense.[5]
A finais de 1961 e comezos de 1962 usouse un HSS-2 Sea King da Armada modificado para bater os récords de velocidade da FAI de 3 km, 100 km, 500 km e 1 000 km. Esta serie de voos remataron o 5 de febreiro de 1962 establecendo o HSS-2 un récord absoluto de velocidade en helicópteros de 210,6 mph.[9] Este récord foi superado por un Sud-Aviation Super Frelon francés modificado o 23 de xullo de 1963 que alcanzou unha velocidade de 217,7 mph.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leoni 2007, p. 251
- ↑ Fieldhouse e Taoka 1989, pp. 70-71, 74
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mutza 2010, p. 106
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Chant 1988, p. 464
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "HSS-2". Flight International. Consultado o 2018-11-22.
- ↑ Jackson 2005, p. 207
- ↑ Mutza 2010, p. 107
- ↑ Frawley 2003, p. 194
- ↑ "USN HSS-2's 200 m.p.h.". Flight International. Consultado o 2018-11-22.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chant, Christopher. A Compendium of Armaments and Military Hardware. Londres: Routledge, 1988. ISBN 0-7102-0720-4.
- Fieldhouse, Richard e Taoka Shunji. Superpowers at Sea: An Assessment of the Naval Arms Race. Oxford, UK: Oxford University Press, 1989. ISBN 0-19829-135-3.
- Frawley, Gerard. The International Directory of Civil Aircraft, 2003–2004. Fyshwick, Australian Capital Territory: Aerospace Publications Pty Ltd, 2003. ISBN 1-875671-58-7.
- Jackson, Robert, ed. "Sikorsky S-61/SH-3 Sea King." Helicopters: Military, Civilian, and Rescue Rotorcraft (The Aviation Factfile). Londres: Grange Books Ltd, 2005. ISBN 1-84013-812-2.
- Leoni, Ron D. Black Hawk: The Story of a World Class Helicopter. Reston, Virginia: American Institute of Aeronautics and Astronautics, 2007. ISBN 1-56347-918-4.
- Mutza, Wayne. Helicopter Gunships: Deadly Combat Weapon Systems. Specialty Press, 2010. ISBN 1-5800-7154-6.