O Sikorsky CH-124 Sea King (anteriormente CHSS-2) é un helicóptero bimotor de guerra antisubmarina (ASW) deseñado para o seu uso embarcado por parte das forzas navais do Canadá. O aparello está baseado no SH-3 Sea King da Armada dos Estados Unidos. A meirande parte dos CH-124 foron montados en Quebec por United Aircraft of Canada. O CH-124 operou coa Mariña Real Canadense (RCN) e as Forzas Armadas Canadenses dende 1963 ata 2018.