Sigur Rós
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
![]() | |
---|---|
![]() Concerto en Reiquiavik, 2005 | |
Orixe | Reiquiavik, Islandia ![]() |
Período | 1994- |
Xénero(s) | Post-rock, rock progresivo, música experimental, dream pop, ambient |
Selo(s) discográfico(s) | Fatcat Records, Geffen Records, EMI, Smekkleysa Records |
Membros | Jón Þór Birgisson Georg Hólm Kjartan Sveinsson Orri Páll Dýrason |
Antigos membros | Ágúst Ævar Gunnarsson |
Artistas relacionados | Amiina, Circe, Jónsi & Alex, The Album Leaf |
Na rede | |
sigur-ros.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sigur Rós é un grupo islandés de post-rock, con elementos de shoegazing e minimalismo. O nome é islandés, pronúnciase ['sɪɣʏr rous'] no Alfabeto Fonético Internacional e significa "rosa de vitoria".
Membros
[editar | editar a fonte]Sigur Rós estaba composto orixinalmente por Jón Þór Birgisson (Jónsi, guitarra e voz), Georg Hólm (Goggi, baixo) e Ágúst Ævar Gunnarsson (batería). En 1999 ingresou na banda Kjartan Sveinsson (Kjarri, teclado) para a publicación de Ágætis byrjun. Tamén en 1999, trala gravación deste disco, Orri Páll Dýrason substitúe a Ágúst Ævar Gunnarsson na batería.
Historia
[editar | editar a fonte]


Jón Þór Birgisson (Jónsi), Georg Hólm e Ágúst Ævar Gunnarsson formaron o grupo en Reiquiavik, Islandia, en agosto de 1994. O nome do grupo foi tomado da irmá máis nova de Jónsi, chamada Sigurrós, que naceu o mesmo día. O grupo axiña asinou un contrato coa discográfica local Bad Taste. En 1997 lanzaron Von (Esperanza) e en 1998 a colección de remesturas Von brigði (Vonbrigði significa en islandés "decepción", pero Von brigði significa "alteración da esperanza"). En inglés, o álbum Von brigði é coñecido usualmente polo seu nome alternativo, "Recycle Bin" (papeleira de reciclaxe.)
O recoñecemento internacional chegou en 1999 co lanzamento de Ágætis byrjun (Un bo comezo), para o que o grupo integrou a Kjartan Sveinsson.
En 2002 lanzouse o anticipado álbum ( ). Tódalas cancións foron publicadas sen título, sendo posteriormente publicados os seus nomes na páxina web oficial. Tódalas cancións son cantadas completamente nunha linguaxe fonética improvisada chamada "vonlenska" (de von, 'esperanza' e íslenska, 'islandés'), creada por Jón Þór Birgisson, que integra sons do islandés. A razón é que quen escoita o disco debe interpretar o seu propio significado das letras, que pode escribir nas páxinas en branco que trae o libreto do álbum.
En outubro de 2003 Sigur Rós, xunto con Radiohead, compuxeron música para a peza de danza de Merce Cunningham Split Sides. As tres cancións de Sigur Rós foron chamadas Ba Ba/Ti Ki/Di Do e foron lanzadas en marzo de 2004. En outubro de 2004 distribuíuse nos Estados Unidos e o Reino Unido o seu primeiro álbum, Von.
O álbum Takk... (Grazas...), foi lanzado o 3 de setembro de 2005 coa descarga legal do seu primeiro sinxelo, Glósóli, publicado o 15 de agosto. Para os seguidores norteamericanos o sinxelo Sæglópur foi posto a disposición para a súa descarga o 16 de agosto. Hoppípolla, o segundo sinxelo oficial de Takk..., foi lanzado o 28 de novembro xunto cunha nova mestura de estudio de Hafssól, unha canción que foi previamente lanzada pola banda no primeiro álbum de 1997, Von. A finais de 2005 lanzaron o EP Sæglópur, que inclúe dous cd's, o primeiro con tres temas novos e o segundo con tres vídeos. O grupo tamén escribiu o libreto do vídeo musical Sæglópur, que foi dirixido por eles.
No ano 2007 publicaron o álbum de estudio Hvarf-Heim, así como un documental DVD, Heima da súa xira en Islandia no verán de 2006.
Sigur Rós venderon cerca de dous millóns de álbums arredor do mundo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Von | 1997 | Smekkleysa Records |
Ágætis byrjun | 1999 | Smekkleysa Records |
( ) | 2002 | Smekkleysa Records |
Takk... | 2005 | Smekkleysa Records |
Með suð í eyrum við spilum endalaust | 2008 | Smekkleysa Records |
Valtari | 2012 | Parlophone |
Kveikur | 2013 | XL Recordings |
Átta | 2023 | Von Dur, BMG |
EPs
[editar | editar a fonte]- Rímur - 2001 (Krúnk)
- Ba Ba Ti Ki Di Do - 2004 (Geffen)
- Sæglópur Japan Tour EP - 2006 (EMI)
Recomplatorios
[editar | editar a fonte]- Hvarf-Heim - 2007 (EMI)
- We Play Endlessly - 2009 (EMI/The Independent)
Álbums de remesturas
[editar | editar a fonte]- Von brigði - 1998 (Smekkleysa Records)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Svefn-g-englar" - 1999.
- "Ný batterí", 2000.
- "Steindór Andersen / Rímur EP", 2001.
- "Untitled #1 (A.K.A. Vaka)", 2003.
- "Ba Ba/Ti Ki/Di Do", 2004.
- "Glósóli", 2005.
- "Sæglópur", 2005.
- "Sæglópur(Japan Tour CD)", 2005.
- "Hoppípolla", 2005.
Outros
[editar | editar a fonte]- Smekkleysa í hálfa öld, 1994.
- Popp í Reykjavík (álbum), 1998.
- Popp í Reykjavík (película), 1998.
- Englar alheimsins (álbum), 2000.
- Englar alheimsins (película), 2002.
- Hlemmur (banda sonora) 2002.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Vanilla Sky, 2001.
- The Loss Ness Kelpie, [[2002.
- Hrafnagaldur óðin´s (Odin´s Raven Magic), 2002.
- The Album Leaf: In a Safe Place, 2004.
- Síðasti Bærinn, 2004.
Novo Material
[editar | editar a fonte]- Hlemmur DVD+CD, xullo de 2007. Inclúe o documental do mesmo nome xunto coa banda sonora composta integramente pola banda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)