Saltar ao contido

Amiina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amiina
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
1996 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF139424703 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000094669426 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01rtl9c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2379905 Facebook: 14298931814 Twitter: amiina Instagram: amiinaband MySpace: amiina Bandcamp: amiinaSouncloud: amiina Spotify: 79MO0KcrOdScKyzuDTtI3k Last fm: Amiina Musicbrainz: 93560313-3950-43b9-ac4f-7ea3b4e79e60 Discogs: 779865 Allmusic: mn0000557277 Deezer: 17330 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Amiina (antigamente Amína e Aníma) é unha banda islandesa formada no ano 2004 en Reiquiavik. Adoitan a tocar en directo e no estudio cos seus compatriotas Sigur Rós. Os seus temas teñen un bo número de instrumentos e a súa música ten elementos do minimalismo, de música clásica contemporánea, ambient e loops electrónicos.

Nas súas actuacións, cada un dos membros toca distintos instrumentos, movéndose dun instrumento a outro no medio das cancións.

Despois de adoptar o nome de Amiina, a banda inicialmente era un cuarteto de corda: María Huld Markan Sigfúsdóttir e Hildur Ársælsdóttir tocando os violíns, Edda Rún Ólafsdóttir a viola, e Sólrún Sumarliðadóttir o violonchelo. Con esta formación Amiina colaborou no estudio con Sigur Rós, destacando o seu traballo nos álbums ( ) e Takk...

O seu primeiro disco dispoñible comercialmente foi o EP de catro temas Animamina. A este seguiulle o seu primeiro sinxelo, "Seoul". O seu álbum de estrea, Kurr, foi editado o 21 de marzo do ano 2007, a través do propio selo da banda, Bláskjár. Foi re-editado por Ever Records en xuño dese mesmo ano.

Cando Sigur Rós parou de xirar en xullo do 2006, Amiina continuou tocando realizando a súa primeira xira en solitario por Europa e América nos meses de outubro e novembro. Despois do lanzamento de Kurr tocaron por Norteamérica en marzo e abril do 2007 e por Europa en maio.

A canción "Hilli" foi editada como segundo sinxelo de Kurr o 10 de decembro do 2007. Trátase dunha colaboración entre Amiina e o músico country Lee Hazelwood, onde a súa voz (a derradeira gravación antes da súa morte) está mesturada cunha versión reconstruída do tema orixinal.

Amiina apareceu na película islandesa Brúðguminn, estreada no ano 2008.

Antes da edición do seu EP Re Minore no 2009, Amiina xirou cun batería chamado Magnús Trygvason Eliassen que, xunto con Kippi Kaninus, uniuse á banda para a gravación do EP. Ambos estiveron nas gravacións do seugundo álbum da banda, Puzzle, realizadas no verán do 2010. Este álbum lanzouse o 27 de setembro dese mesmo ano.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Kurr2007Bláskjár Records
Puzzle2010Amínamúsík Ehf.
Fantômas2016Mengi
Yule2022autoeditado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]