Shin Chan: A invasión
Shin Chan: A invasión | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王 |
Director | Mitsuru Hongo |
Guión | Yoshito Usui |
Música | Yasuo Kosugi |
Estudio | Shin Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | 1993 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Shin Chan: Na procura das bólas perdidas |
Filme seguinte | Shin Chan: Operación rescate |
Na rede | |
Shin Chan: A invasión (クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王 Crayon Shin-chan: Action Kamen vs Haigure Maô?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 24 de xullo do 1993.
En galego, saíu á venda en DVD o 24 de marzo do 2004, sen ser proxectada nos cinemas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Entre os nenos está de moda a colección de cromos do Ultraheroe. O cromo número 99 é moi difícil de conseguir, e é chamado 'o cromo pantasma'. Shin Chan entra coa súa nai nunha tenda moi antiga e merca unha caixa na que precisamente se atopa o cromo número 99. É de cor dourada e brilla moito.
Aproveitando que é verán, a familia Nohara sae de viaxe á praia, pero hai moito tráfico e deciden coller un camiño alternativo que os conduce ata unha praia deserta, onde hai unha grande estatua do Ultraheroe. A figura é un parque de atraccións nos que só están os Nohara.
Estes montan no que cren que é un simulador, pero accionado polo cromo número 99, son transportados a unha dimensión paralela, que semella ser o mundo real, onde Shin Chan se transforma nun superheroe coa misión de frear unha invasión de alieníxenas que pretenden poñerlle un bañador de muller a tódolos seres humanos.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2003.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Shin Chan Nohara | Ana Lemos | Akiko Yajima |
Misae Nohara | Charo Pena | Miki Narahashi |
Hiroshi Nohara | Matías Brea | Keiji Fujiwara |
Kazama | Teresa Santamaría | Mari Mashiba |
Masao | Ana Ouro | Teiyu Ichiryusai |
Boo-chan | Alicia Taboada | Chie Sato |
Señorita Yoshinaga | Nora Abad | Yumi Takada |
Señorita Matsuzaka | Beatriz García | Michie Tomizawa |
Director "Mafioso" | Alfonso Valiño | Rokuro Naya |
Mimiko | Teresa Santamaría | Etsuko Kozakura |
Nevado | Montse Davila | Mari Mashiba |
Ultraheroe | Óscar Fernández | Tessho Genda |
Ririko | Chelo Díaz | Etsuko Kozakura |
Raíña Cachas | Antón Rubal | Roko Takizawa |
Profesor | Paco Barreiro | Hiroshi Masuoka |
Barón do Tanga | Xoán Diéguez | Daisuke Gori |
- Voces adicionais:
- ▪ Andrés Bellas.
- ▪ Coté Sansegundo.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 僕は永遠のお子様 (Hei ser cativo para sempre) interpretada por Miyuki Kajinati.