Severina Vučković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severina Vučković
Severina.jpg
Nacemento21 de abril de 1972
Lugar de nacementoSplit
NacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia e Croacia
Ocupacióncantante, actriz e pianista
Na rede
https://severina.com/
IMDB: nm2058209 Facebook: severina Twitter: severina Instagram: severina Youtube: UC_vH8DvvkrMB3D69NBdjLnQ Spotify: 2o4SmIGKjHlvB8NpkaWGSS Last fm: Severina Musicbrainz: 5a8bf620-97b2-4e71-870d-b36da41d99c2 Songkick: 1569 Discogs: 473824 Allmusic: mn0002773098 Deezer: 5681 Genius: Severina Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Severina Vučković, nada o 21 de abril de 1972 en Split, Croacia, é unha actriz e estrela da música pop croata.[1] O seu nome artístico é simplemente Severina. O seu estilo ten influencias do cabaret. A carreira de Severina comezou en 1989, e é unha das artistas máis populares do seu país desde aquela. Gañou moitos festivais e os seus álbums alcanzaron altas vendas. Algunhas das súas cancións máis populares son "Kad si sam", "Dalmatinka", "Djevojka sa sela", "Ja samo pjevam", "Paloma Nera", "Virujen u te", "Ante", "Adio ljube", "Hrvatica", "Adam i Seva", "Moja štikla" e "Krivi spoj" . No ano 2005 Severina lanzou un álbum cos seus grandes éxitos.[2]

En 2004 o seu nome viuse envolto nun escándalo sexual ao divulgarse por internet un vídeo no cal ela e un home casado tiñan relacións sexuais. Causou sorpresa en Croacia xa que era ata entón un símbolo da modestia relixiosa, promovendo a abstinencia e a moral nas súas aparicións públicas, co que foi acusada de hipocrisía. Porén, posteriormente relanzou a súa imaxe internacionalmente, gañou o festival de Dora 2006 coa canción "Moja Štikla" e representou a Croacia no Festival de Eurovisión de 2006, quedando no posto 12º.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Severina 1089 Orfej RTZ
Dalmatinka 1993 Croatia Records
Trava zelena 1995 Croatia Records
Moja stvar 1996 Croatia Records
Djevojka sa sela 1998 Croatia Records
Ja samo pjevam 1999 Croatia Records
Pogled ispod obrva 2001 Croatia Records
Severgreen 2004 Dallas Records
Zdravo Marijo 2008 Dallas Records
Dobrodošao u klub 2012 Dallas Records
Halo 2019 Dallas Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Severina - Hrvatica (official video) (Severgreen 2004.)". Consultado o 2019-11-26. 
  2. "Severina - Cocktail". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-26. 
  3. "Eurovision 2006 Results: Voting & Points". Eurovisionworld. Consultado o 2019-11-26.