Saltar ao contido

Sesshū Tōyō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSesshū Tōyō

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 雪舟 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1420 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Bitchū (Shogunato Ashikaga) Editar o valor em Wikidata
Morte26 de agosto de 1506 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Masuda (Shogunato Ashikaga) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Yamaguchi
Toquio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbhikkhu , pintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTenshō Shūbun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Sesshū Tōyō (雪舟等楊?), nado na provincia de Bitchū en 1420 e finado o 26 de agosto de 1506, tamén coñecido como Tōyō, Unkoku ou Bikeisai, foi un pintor xaponés, un dos principais expoñentes do suibokuga (pintura con tinta), e un monxe budista zen. Está considerado un dos mestres da pintura xaponesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu dentro do clan Oda, na provincia de Bitchū (actual prefectura de Okayama). Converteuse en monxe zen en 1431 e estudou no templo Hōfuku-ji, na cidade de Sōja. En 1440 trasladouse ao templo Shōkoku-ji en Kyoto, onde continuou os seus estudos zen e aprendeu pintura co monxe Shūbun. Nesta etapa imitou as técnicas dos pintores paisaxistas da China da dinastía Sung, como Ma Yuan e Xia Gui.

Durante a década de 1460, trasladouse a un templo budista zen en Yamaguchi e en 1467 realizou unha misión de dous anos á China, acudindo á corte imperial en Pequín, onde logrou pintur un mural no palacio. Durante a súa estadían na China acudiu a varios mosteiros zen chineses.

Ao seu regreso ao Xapón en 1469, conseguiu mellorar as súas composicións baseadas no estilo chinés, que eran máis racionais e tiñan maior intensidade e solidez nas súas pinturas cás do seu mestre, consideradas máis incoherentes e poéticas. Con Sesshū substituíuse o tema do baleiro na pintura zen xaponesa, incorporándose montañas, árbores, ríos, templos e persoas nas pinturas, elementos da dinastía Ming. Nesta etapa pintou biombos, pergamiños, paisaxes e figuras zen.

En 1476, fundou un estudio preto da prefectura de Ōita chamado Unkoku-an (雲谷庵?), onde ensinou pintura. Durante os seus últimos anos viaxou arredor do Xapón.[1]

Pinturas[editar | editar a fonte]

Existen seis obras que están debidamente acreditados a Sesshū, todas designadas como Tesouros Nacionais. Existen outras obras atribuídas a el, mais non están corroboradas. Entre as súas pinturas están o Rolo da longa paisaxe, a Vista de Ama-no-Hashidate, os biombos Flores e cimbro e Falcóns e garzas.

Os traballos de Sesshū atópanse no Museo Nacional de Toquio,[2] a Galería Freer de Arte en Washington, D.C. e o Museo de Belas Artes de Boston.

Continuadores[editar | editar a fonte]

A técnica de Sesshū foi continuada por Bunsei, Shengon e Soga Rasoku, fundador da escola Soga de pintura.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]