Serxio María Rodríguez Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 (27/28 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | politicólogo, historiador |
Serxio María Rodríguez Álvarez, nado en Ourense en 1996, é un politicólogo e historiador galego con raíces no Couto Mixto, no concello de Calvos de Randín. Dende setembro de 2024 é profesor de Ciencia Política no departamento de Ciencia Política e da Administración, Socioloxía e Filosofía da Universidade de Vigo. Os seus traballos de investigación céntranse no eido da historia política e a historia do pensamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Políticas e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e un posgrao en Historia Contemporánea. Como historiador, ten abordado o pensamento de Vicente Risco[1] e Ramón Piñeiro,[2] así como a historia política de Galicia, os nacionalismos peninsulares en perspectiva comparada, a fronteira galego-portuguesa e tamén o estudo dos sistemas de partidos español e galego, así como os distintos procesos políticos que ocorren en todo o mundo e, especialmente, en Galicia e Europa.
Foi presidente de Novas Xeracións de Ourense, responsabilidade que ostentou até marzo de 2019, data na que abandonou a militancia e todos os cargos no Partido Popular polas diferenzas ideolóxicas coa liña conservadora emprendida no XIX Congreso Nacional dos populares.[3] Participou activamente de distintos movementos xuvenís, políticos e culturais como a Asociación de Estudantes Alborexar.[4] Identificado cunha liña de pensamento galeguista, foi fundador en 2018 da asociación de estudantes Irmandade Galega Universitaria, de orientación nacionalista, da que foi é vicepresidente e representante no claustro da USC.
Actualmente é voceiro da Iniciativa polo Couto Misto[5] e colabora recurrentemente con numerosos medios dixitais como columnista.[6][7][8] É o autor do prólogo da Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco.[9]
Dende xaneiro de 2024 é membro do Consello de redacción da revista Encrucillada, a cargo da área de pensamento político.[10] O 7 de agosto de 2024 recibiu o Premio Alecrín de Ouro á investigación no eido das Ciencias Sociais e as Humanidades nun acto celebrado no Auditorio de Ribadeo.[11]
Obra
[editar | editar a fonte]- O pensamento político de Ramón Piñeiro (2024). Vigo: Galaxia. 144 páxs. ISBN 978-84-1176-184-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El próximo viernes se presentan en Lugo las nuevas ediciones de «Nós e Vicente Risco, 100 anos de pensamento»". O Tinteiro. 2021-05-05. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2023. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ Rodríguez Álvarez, Serxio María (2021). "Ut sementem feceris, ita metes: exculpatio ou realidade galega?". Grial: revista galega de cultura (230): 163–167. ISSN 0017-4181.
- ↑ "El presidente de NNXX en la ciudad se va por "falta de identificación"". La Región (en castelán). 2019-02-24. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Ciencias Sociais - Seminario de Economía". Alborexar. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Mazarelos e a Iniciativa polo Couto Misto presentan o novo número da revista". BadalNovas. 2023-11-01. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Diario do Támega. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Praza Pública. 2021-11-05. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Nós Diario. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Allariz: presentación de Teoría do nacionalismo galego e Leria, de Vicente Risco, e a biografía do autor de Carlos Casares". AELG. 2021-09-24. Consultado o 2023-11-21.
- ↑ "Revista Encrucillada" (PDF). Guieiro.
- ↑ "Entrega dos Premios Alecrín en Ribadeo". 7-8-2024. Consultado o 8-8-2024.