Serxio María Rodríguez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSerxio María Rodríguez Álvarez
Biografía
Nacemento1996 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoliticólogo , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: serxiomaria Instagram: serxio.maria Dialnet: 5403409 Editar o valor em Wikidata

Serxio María Rodríguez Álvarez, nado en Ourense en 1996, é un politicólogo e historiador galego con raíces no Couto Mixto, no concello de Calvos de Randín. Os seus traballos de investigación céntranse no eido da historia política e a historia do pensamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias Políticas e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e un posgrao en Historia Contemporánea. Como historiador, ten abordado o pensamento de Vicente Risco[1] e Ramón Piñeiro,[2] así como a historia política de Galicia, os nacionalismos peninsulares en perspectiva comparada, a fronteira galego-portuguesa e tamén o estudo dos sistemas de partidos español e galego, así como os distintos procesos políticos que ocorren en todo o mundo e, especialmente, en Galicia e Europa.

Foi presidente de Novas Xeracións de Ourense, responsabilidade que ostentou até marzo de 2019, data na que abandonou a militancia e todos os cargos no Partido Popular polas diferenzas ideolóxicas coa liña conservadora emprendida no XIX Congreso Nacional dos populares.[3] Participou activamente de distintos movementos xuvenís, políticos e culturais como a Asociación de Estudantes Alborexar.[4] Identificado cunha liña de pensamento galeguista, foi fundador en 2018 da asociación de estudantes Irmandade Galega Universitaria, de orientación nacionalista, da que foi é vicepresidente e representante no claustro da USC.

Actualmente é voceiro da Iniciativa polo Couto Misto[5] e colabora recurrentemente con numerosos medios dixitais como columnista.[6][7][8] É o autor do prólogo da Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El próximo viernes se presentan en Lugo las nuevas ediciones de «Nós e Vicente Risco, 100 anos de pensamento»". O Tinteiro. 2021-05-05. Consultado o 2023-11-21. 
  2. Rodríguez Álvarez, Serxio María (2021). "Ut sementem feceris, ita metes: exculpatio ou realidade galega?". Grial: revista galega de cultura (230): 163–167. ISSN 0017-4181. 
  3. "El presidente de NNXX en la ciudad se va por "falta de identificación"". La Región (en castelán). 2019-02-24. Consultado o 2023-11-21. 
  4. "Ciencias Sociais - Seminario de Economía". Alborexar. Consultado o 2023-11-21. 
  5. "Mazarelos e a Iniciativa polo Couto Misto presentan o novo número da revista". BadalNovas. 2023-11-01. Consultado o 2023-11-21. 
  6. "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Diario do Támega. Consultado o 2023-11-21. 
  7. "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Praza Pública. 2021-11-05. Consultado o 2023-11-21. 
  8. "Artigos de Serxio María Rodríguez Álvarez". Nós Diario. Consultado o 2023-11-21. 
  9. "Allariz: presentación de Teoría do nacionalismo galego e Leria, de Vicente Risco, e a biografía do autor de Carlos Casares". AELG. 2021-09-24. Consultado o 2023-11-21.