Lucio Tarquinio o Soberbio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI a. C. Roma Antiga |
| Morte | 495 a. C. Cumas, Italia |
| 534 a. C. – 509 a. C. ← Servio Tulio – Supresión do cargo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Período | Segundo Reino Romano e República romana temperá |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Tarquinia |
| Cónxuxe | Tullia Major Tullia Minor |
| Fillos | Tito Tarquinio ( Arruns Tarquinius ( Sexto Tarquínio ( Tarquinia ( |
| Pais | Gnaeus Tarquinius Lucio Tarquinio Prisco Tanaquil |
| Irmáns | Arruns Tarquinius Tarquinia Tarquinia the Elder |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Tarquinius 7) |
| Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio foi o sétimo e último rei de Roma. Fillo de Tarquinio Prisco e xenro de Servio Tulio, Tarquinio tamén era de orixe etrusca. Foi durante o seu reinado cando os etruscos atinxiron a cúspide do seu poder. Tarquinio usou a violencia, o asasinato e o terror para manter o control sobre Roma como ningún rei anterior os empregara, derrogando mesmo moitas reformas constitucionais que estableceran os seus predecesores. A súa mellor obra para Roma foi a finalización do templo a Xúpiter, iniciado polo seu pai Prisco.
Tarquinio aboliu e destruíu todos os santuarios e altares sabinos da Roca Tarpeia, enfurecendo desta forma ao pobo romano. O punto crucial do seu tiránico reinado sucedeu cando permitiu a violación de Lucrecia, unha romana patricia, por parte do seu propio fillo Sexto. Un parente de Lucrecia, Lucio Xunio Bruto (antepasado de Marco Xunio Bruto), convocou o Senado, que decidiu a expulsión de Tarquinio no ano 510 a.C..
Tras a expulsión de Tarquinio, o Senado decidiu abolir a monarquía, convertendo Roma nunha república no ano 509 a.C. Lucio Xunio Bruto e Lucio Tarquinio Colatino, sobriño de Tarquinio e viúvo de Lucrecia, convertéronse nos primeiros cónsules do novo goberno de Roma. Este novo goberno permitiría co tempo a conquista polos romanos de case todo o mundo mediterráneo, unha forma de goberno que sobreviviu durante case cincocentos anos ata a ascensión de Xulio César e César Augusto.