Sergio Barcia
Sergio Barcia | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Barcia Laranxeira | ||
Nacemento | 31 de decembro de 2000 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Mirandés | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2010 | Club Colegio Hogar | ||
2010–2019 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2019–2020 | Celta B | 0 | (0) |
2019–2020 | → Ourense CF | 26 | (0) |
2020–2022 | Recreativo Granada | 47 | (6) |
2020–2022 | Granada | 2 | (0) |
2022–2023 | Celta B | 31 | (1) |
2018–2019 | Mirandés | 24 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 2 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio Barcia Laranxeira, nado en Vigo o 31 de decembro de 2000, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Mirandés, da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol no Colegio Hogar do seu Vigo natal, ingresando aos nove anos na canteira do Celta de Vigo.[1][2] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata chegar ao equipo xuvenil, co que xogou durante tres campañas na División de Honra, proclamándose campión en dúas delas. Rematada a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2019, saíu cedido ao Ourense CF, da Terceira División.[3] Titular indiscutible no equipo de Fran Justo, rematou segundo e disputou a promoción de ascenso á Segunda División B.[2]
Desvencellado do Celta, no verán de 2020 asinou contrato co Recreativo Granada de Segunda B.[4] O 8 de novembro debutou co primeiro equipo do Granada na Primeira División, nunha derrota por 2-0 contra a Real Sociedad, encontro ao que o seu equipo chegou moi afectado pola pandemia de COVID-19, tendo que xogar con varios futbolistas do filial.[5]
Na seguinte campaña xogou un segundo partido na máxima categoría, fronte o Celta de Vigo. Nos seus dous anos en Granada, disputou un total de 47 encontros co filial, nos que marcou 6 goles, e 3 co primeiro equipo. En xullo de 2022 regresou a Vigo para xogar co Celta B na Primeira Federación.[6] Disputou 31 partidos coa camiseta celeste, 30 deles como titular, e marcou un gol.
Antes do inicio da tempada 2023/24 asinou un contrato de dous anos co Mirandés, club da Segunda División.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sergio Barcia: «Jugar en el Celta sería un sueño»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Sergio Barcia se despide del Celta tras diez años". La Voz de Galicia (en castelán). 24 ago 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ "Sergio Barcia una de las mayores promesas del RC Celta de Vigo llega cedido al Ourense CF" (en castelán). 23 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ "El defensa Sergio Barcia se une al Club Recreativo Granada" (en castelán). 31 de agosto de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ García, Óscar (8 de novembro de 2020). "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Celta confirma el regreso de Sergio Barcia para jugar en el filial" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ "Sergio Barcia apuntala la zaga rojilla" (en castelán). 4 de xullo de 2023. Consultado o 2 de febreiro de 2024.