Serge Tonnar
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1970 (54 anos) Luxemburgo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Luxemburgo |
Educación | Lycée de garçons Luxembourg (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico , escritor , compositor de bandas sonoras , tradutor |
Membro de | |
Lingua | Lingua luxemburguesa e lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Turnup Tun (pt) |
Irmáns | Yann Tonnar (en) |
Páxina web | tonnar.lu |
Serge Tonnar, nado o 3 de febreiro de 1970 en Luxemburgo, é un músico, compositor, escritor e actor luxemburgués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán do director de cine Yann Tonnar, estudou a carreira de xornalismo en Bruxelas e desde 1993 ata 1995 traballou na emisora Radio 100,7 ao tempo que colaboraba con artigos culturais en periódicos como Grénge Spoun, Tageblatt e Lëtzebuerger Land.
No ámbito da música colaborou con grupos diversos grupos tales como Battaklang, Blue Screw, Claudine Muno and the Luna Boots e Taboola Rasa. No ano 2001 estableceu a súa propia banda de rock, Zap Zoo. que lanzou catro álbums con temas en inglés. e en 2003 fundou o grupo Serge Tonnar & Legotrip, nun estilo pop-rock, tamén con catro álbums editados, con temas fundamentalmente en luxemburgués. En 2008 publicou un álbum en solitario, Pärele bei d'Sei. Realizou desde 2000 bandas sonoras dalgúns filmes, compoñendo a música dos filmes de Andy Bausch Le club des chômeurs (2002) e Deepfrozen (2006). As letras das súas cancións adoitan ser de crítica sociopolítica, denunciando a homofobia, a xenofobia ou a intolerancia.[1]
Tonnar tamén é autor, actor, director e produtor de pezas teatrais en lingua luxemburguesa. Foi un dos fundadores do colectivo literario MASKéNADA en 1995 e mais entre 2008 e 2012 foi o presidente da Fédération luxembourgeoise des théâtres professionnels.
Obra[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- 2001: Eat it
- 2003: All Dag, esou géint 5 fir 12. E Familliendrama mat Happy End
- 2003: Schlof, Kënndche schlof
- 2004: Talk Show
- 2006: Exit Lëtzebuerg
- 2007: Superstar
- 2015: Frittparade 2000. Dem Frittekätt seng ketchuprout Revanche
Bandas sonoras[editar | editar a fonte]
- 2002: Le club des chômeurs
- 2003: L'homme au cigare
- 2004: La revanche
- 2004: Monsieur Warum
- 2006: Deepfrozen
- 2007: Über Wasser
- 2008: Weilerbach
- 2010: Schockela, Knätschgummi a brong Puppelcher
- 2010: Mir wëllen net bleiwen
- 2010: Trouble No More
- 2011: Schrebergaart
- 2012: D'Belle Epoque
- 2016: Streik!
Álbums en solitario[editar | editar a fonte]
- 2008: Pärele bei d'Sei
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha no Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Dictionnaire des auteurs luxembourgeois
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficialArquivado 23 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en luxemburgués)
- Canle oficial de Youtube