Sepp Blatter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sepp Blatter
Йозеф Блаттер.jpg
Nacemento10 de marzo de 1936
 Visp
NacionalidadeSuíza
EtniaPobo suízo
Alma máterUniversidade de Lausanne e HEC Lausanne
Ocupaciónsports official, economista, político e xogador de hóckey sobre xeo
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Order of Francisco de Miranda, Great Silver Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Order of Merit (Ukraine), 1st class, Order of Honour, Order of Friendshp, Order of the Companions of O. R. Tambo, Order "Danaker", Order of the Two Niles, Order of recognition, Order of the Republic, Order of Zayed, National Order of Merit, Order of the Polar Star, Order of Prince Yaroslav the Wise, 2nd class, Dostyk Order of grade II, Silver Olympic Order, Grand Cross of the Order of Wissam El Alaouite, Grand Collar of the Order of Good Hope, Order of the Throne, Commander of the National Order of the Lion e Order of Bernardo O'Higgins
Joseph S. Blater FIFA President autograph.jpg
editar datos en Wikidata ]

Joseph "Sepp" Blatter, nado en Visp o 10 de marzo de 1936[1] é un dirixente de fútbol suízo, que foi presidente da FIFA entre 1998 e 2015.

Procedente dos negocios, as relacións públicas e a administración deportiva, Blatter converteuse en secretario xeral da FIFA en 1981 e foi elixido presidente no 51.º congreso o 8 de xuño de 1998, sucedendo a João Havelange, que presidira a organización dende 1974. Blatter foi reelixido en 2002, 2007, 2011 e 2015. Igual que o seu predecesor, Blatter buscou incrementar a influencia dos estados africanos e asiáticos no mundo do fútbol coa expansión dos equipos participantes en varios torneos da FIFA.

Foi perseguido persistentemente por acusacións de corrupción e mala xestión financeira. O dominio de Blatter supuxo unha ampla expansión dos ingresos xerados pola Copa do Mundo da FIFA, acompañada polo colapso da compañía de mercadotecnia International Sport and Leisure e numerosas alegacións de corrupción no proceso de adxudicación dos torneos da organización.

O 2 de xuño de 2015, seis días despois de que o goberno dos Estados Unidos imputou varios dirixentes da FIFA e compañías de mercadotecnia por subornos e lavaxe de cartos,[2] Blatter anunciou que convocaría eleccións para elixir un novo presidente da FIFA e que non se presentaría ás eleccións, pero que permanecería no seu posto ata que o congreso extraordinario puidese ser organizado.[3] Anunciáronse procedementos criminais pola oficina do fiscal xeral suízo o 25 de setembro de 2015 por "mala xestión delituosa ... e malversación".[4][5]

En outubro de 2015, Blatter e outros altos cargos da FIFA foron suspendidos en medio da investigación,[6] e en decembro o independente Comité Ético da FIFA expulsou a Blatter do cargo e prohibiulle tomar parte de calquera actividade da organización nos seguintes oito anos.[7] O 24 de febreiro de 2016, un comité de apelación da FIFA mantivo a suspensión mais reduciuna de oito anos a seis.[8] Issa Hayatou actuou como presidente ata o congreso extraordinario que se celebrou a finais de febreiro, e no que se elixiu a Gianni Infantino como noveno presidente da FIFA.[9]

Controversias[editar | editar a fonte]

  • A súa elección sobre o presidente da UEFA Lennart Johansson estivo marcada pola controversia. O seu mandato caracterizouse polos rumores de irregularidades financeiras e transaccións secretas, culminando en 2002 coas acusaciones directas de suborno feito na prensa por Farra Ado, vicepresidente do federación somalí dunha oferta de 100 000 dólares por votar a favor de Blatter.[10]
  • O vicedirector de Sepp Blatter, Michael Zen-Ruffinen, preparou un expediente que perfila as alegacións de mal manexo financeiro e corrupción dentro da FIFA. O expediente declarou que a bancarrota en 2001 da compañía auspiciante de FIFA, International Sport and Leisure (ISL), levara ao déficit e ás perdas de ata 100 millóns de dólares baixo a administración de Blatter. As alegacións foron apoiadas polo xefe da UEFA, Lennart Johansson. O expediente foi entregado ás autoridades suízas, mais non se tomou ningunha acción. Zen-Ruffinen foi expulsado por Blatter inmediatamente antes da Copa Mundial da FIFA de 2002.[11]
  • En novembro de 2017, a futbolista Hope Solo acusou a Blatter de agresión sexual na cerimonia dos premios Balón de Ouro da FIFA de 2013. Durante unha entrevista co xornal portugués Expresso, Solo afirmou que "Sepp Blatter agarrou o meu traseiro" xusto antes de que os dous presentasen xuntos o premio a Abby Wambach.[12] Afirmou que "estaba en shock e completamente confundida. Tiven que xuntar esforzos para entregar á miña compañeira o maior premio da súa carreira e celebralo con ela naquel momento, así que centreime completamente en Abby".[13] O voceiro de Blatter Thomas Renggli afirmou que "esta alegación é ridícula".[14]

Honores[editar | editar a fonte]

Blatter recibiu numerosos premios, medallas, graos honoríficos e cidadanías de estados, corpos de goberno deportivos, grupos especiais, universidades e cidades.[15]

O seu grao honorario da Universidade De Montfort foi revogado pola institución en outubro de 2015, que lle fora entregado en recoñecemento da súa conduta ética.[16]

Vida privada[editar | editar a fonte]

A primeira esposa de Blatter foi Liliane Biner. A parella tivo unha filla, Corinne,[17] e divorciáronse pouco despois. En 1981, Blatter casou con Barbara Käser, filla de Helmut Käser, predecesor de Blatter como secretario xeral da FIFA. O matrimonio durou dez anos, ata que Barbara faleceu por complicacións tras unha operación. En 1995, Blatter comezou unha relación con Ilona Boguska, amiga polaca da súa filla, da que se separou en 2002.[18]

Blatter casou por terceira vez o 23 de decembro de 2002 con Graziella Bianca, adestradora de golfiños que era amiga da súa filla.[19] O matrimonio acabou en divorcio en 2004.[20][21] Dende 2014 é parella de Linda Barras.

Blatter foi criado como católico.[22][23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sepp Blatter profile: How a wedding singer became the most powerful player in football". ITV News. 29 de maio de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  2. Clifford, Stephanie; Apuzzo, Matt (27 de maio de 2015). "After Indicting 14 Soccer Officials, U.S. Vows to End Graft in FIFA". The New York Times. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  3. "FIFA President to lay down his mandate at extraordinary elective Congress". FIFA. 2 de xuño de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  4. "Criminal proceedings against the President of FIFA". Office of the Attorney General of Switzerland. 25 de setembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  5. "Fifa: Sepp Blatter faces criminal investigation". BBC. 25 de setembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  6. "FIFA President Sepp Blatter and Other Top Officials Suspended". New York Times. 8 de outubro de 2015. Consultado o 8 de outubro de 2015. 
  7. Evans, Simon (21 de decembro de 2015). "Blatter and Platini banned by FIFA for eight years". Reuters. Consultado o 21 de decembro de 2015. 
  8. Sepp Blatter & Michel Platini lose Fifa appeals but bans reduced, BBC Sport, 24 de febreiro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016.
  9. "Gianni Infantino elected FIFA President" (Nota de prensa). FIFA. 26 de febreiro de 2016. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  10. "Bribery allegation over FIFA poll". CNN. 28 de febreiro de 2002. 
  11. "Blatter suspends FIFA investigation". BBC Sport. 12 de abril de 2002. 
  12. Conn, David; Marques, Nelson (10 de novembro de 2017). "Hope Solo accuses Sepp Blatter of sexual assault at awards ceremony". The Guardian. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  13. Wilkinson, James (11 de novembro de 2017). "Ex-Fifa president Sepp Blatter, 81, says claims that he groped US Olympic soccer star Hope Solo, 36, are 'absurd'". Daily Mail. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  14. "Sepp Blatter: Hope Solo accuses ex-Fifa president of sexual harassment". BBC. 10 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  15. "Mr Joseph S. BLATTER". International Olympic Committee. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  16. Sepp Blatter has been stripped of an honorary degree. BBC Sport (22 de decembro de 2015). Consultado o 1 de maio de 2018.
  17. "Fifa-Pate Sepp Blatter: Wie tickt der Skandal-Präsident?". Focus. 28 de maio de 2002. Consultado o 3 de xuño de 2015. 
  18. Jones, David (4 de xuño de 2011). "From wedding singer to FIFA's Godfather: The hidden secrets of Sepp Blatter". Daily Mail. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  19. Will Dean (1 de xuño de 2015). "The real Fifa scandals: Sepp's yodelling, the flop movie and his Dr Strangelove bunker". The Guardian. Consultado o 3 de xuño de 2015. 
  20. Fagge, Nick (6 de xuño de 2015). "Husband of Sepp Blatter's married lover is 'comfortable' with their odd relationship - but will she stick by shamed Fifa boss now he's facing FBI arrest and spends his nights in 'eating cheese'?". The Daily Mail. Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  21. "Sepp Blatter - La biographie de Sepp Blatter avec Gala.fr". Gala.fr (en francés). Média Prisma. Consultado o 7 de abril de 2017. 
  22. Harris, Rob (29 de maio de 2015). "FIFA's Sepp Blatter Faces Biggest Challenge To Controversial Reign". AP. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  23. The Scotsman. 20 de novembro de 2011. Profile: Sepp Blatter

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]