Semicorchea
Semicorchea é o nome da nota musical cuxa duración é de 1/16 dunha redonda ou metade dunha corchea.
A semicorchea represéntase por un círculo preenchido con hasta e dúas bandeirolas. Cando a nota se escribe até a terceira liña da partitura a hasta fica á dereita da nota e virada para encima. Cando a nota está enriba da terceira liña, a hasta fica á esquerda da nota e virada para baixo. As bandeirolas sempre fican á dereita da hasta.
A pausa con duración de semicorchea é unha liña curta na diagonal, con dúas bandeirolas.
Cando hai máis dunha semicorchea na secuencia agrúpanse para facilitar a lectura. O agrupamento faise mantendo a figura e a súa hasta e substituíndo as bandeirolas por dúas liñas de unión entre as hastas. Cando a maior parte das notas do grupo está abaixo da terceira liña, o agrupamento faise encima da nota. Cando a maior parte está por riba da terceira liña o agrupamento faise abaixo das notas. En xeral o agrupamento faise de forma a compor unha unidade de tempo (catro semicorcheas en compases 2/4, 3/4 ou 4/4, seis semicorcheas en compases compostos - 6/8, 9/8 ou 12/8 e oito semicorcheas en compases 2/2 ou 4/2).