Saltar ao contido

Selección de fútbol de Tunisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tunisia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Fédération Tunisienne de Football − FTF
Confederación CAF (África)
Código FIFA TUN
Alcume نسور قرطاج
Aguias de Cartago
Clasificación FIFA 27 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Tunisia Mondher Kebaier
Máis encontros Sadok Sassi (116)
Máximo goleador Issam Jemâa (36)
Estrea internacional
Tunisia Tunisia 4 – 2 Libia (1951-1969) Libia
Tunisia; 2 de xuño de 1957
Maior vitoria
Tunisia Tunisia 8 – 1 China Taipei China Taipei
Roma, Italia; 18 de agosto de 1960
Tunisia Tunisia 7 – 0 Togo Togo
Tunes, Tunisia; 7 de xaneiro de 2000
Tunisia Tunisia 7 – 0 Malaui Malaui
Radès, Tunisia; 26 de marzo de 2005
Tunisia Tunisia 8 – 1 Djibuti Djibuti
Radès, Tunisia; 12 de xuño de 2015
Maior derrota
Hungría Hungría 10 – 1 Tunisia Tunisia
Budapest, Hungría; 24 de xullo de 1960
Copa do Mundo
Participacións 5 (primeira en 1978)
Mellor resultado Fase de grupos (1978, 1998, 2002, 2006, 2018)
Copa de África
Participacións 19 (primeira en 1962)
Mellor resultado Campións (2004)

A selección de fútbol de Tunisia (en árabe: منتخب تونس لكرة القدم, en francés: Équipe de Tunisie de football) é o equipo representativo de Tunisia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está baixo a responsabilidade da Federación Tunisiana de Fútbol (الجامعة التونسية لكرة القدم‎, Fédération Tunisienne de Football), afiliada á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).

Tunisia clasificouse a cinco Copa do Mundo, sendo a primeira Arxentina 1978, aínda que até a data non lograron superar a primeira rolda. Malia isto, fixeron historia ao converterse no primeiro equipo africano en gañar un partido neste torneo após venceren a México por 3−1 en 1978. Nese mesmo torneo, tamén conseguiron un empate 0−0 con Alemaña Federal, campión defensor. Tras isto, tomoulles 20 anos para regresar a unha fase final, ao participar en Francia 1998 e despois en Corea do Sur e o Xapón 2002. Tunisia tamén particopou nos mundiais de Alemaña 2006 e Rusia 2018. Nesta edición conseguiron a súa segunda vitoria nun Mundial após gañar 1−2 a Panamá

A nivel continental, Tunes foi campión da Copa Africana de Nacións en 2004, cando foron anfitrións do torneo, o que lles deu o dereito a participar na Copa FIFA Confederacións 2005 en Alemaña onde ficaron en primeira fase.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]