Selección de baloncesto de Mozambique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selección de baloncesto de Mozambique
Información xeral
Fundación 1978

A selección de baloncesto de Mozambique é a selección que representa ao país nos torneos oficiais de baloncesto a nivel de selección e está vinculada á Federación de Baloncesto de Mozambique.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O xogador mozambicano Ermelindo Orlando (nº 7) defendendo ao senegalés Antoine Mendy no AfroBasket de 2003.

Século XX[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1978 e ese mesmo ano uniuse á FIBA África. En 1981, clasificouse por primeira vez para o AfroBasket, rematando no décimo lugar en Mogadiscio, Somalia.

No Afrobasket de 1985 en Alexandría, Exipto, rematou no quinto lugar e dous anos despois rematou no noveno posto na edición que se disputou en Abidjan, Costa de Marfil. Dez anos despois clasificouse de novo para o Afrobasket onde rematou no noveno lugar en Alxer, Alxeria. En 1999 volveu clasificarse para o Afrobasket de Angola e rematou na décima posición, e dende esa edición non deixou de participar no torneo máis importante a nivel continental, aínda que sen moito éxito.[2]

Século XXI[editar | editar a fonte]

Tamén participaron nos Xogos Panafricanos de 2011, onde perderon a final ante Nixeria, que é o logro máis importante do equipo.[3]

Os equipos feminino e masculino foron adestrados na década de 2000 e na década de 2010 entre outros por Milagre Macome e polo galego Alberto Blanco, que gañou o ouro coa selección feminina mozambicana na primeira edición dos Xogos da Lusofonía en 2006.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., fiba.com.
  2. "Accueil". Fiba Africa (en inglés e francés). Consultado o 2024-04-13. 
  3. "The Official Website of the 10th All Africa Games in Maputo, Mozambique, 2011.". web.archive.org. 2011-09-03. Archived from the original on 03 de setembro de 2011. Consultado o 2024-04-13. 
  4. "Mozambique logra la medalla de oro con el gallego Alberto Blanco en el banquillo". La Voz de Galicia. 2006-10-15. Consultado o 2024-04-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.