Tengu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tengu e un monxe budista, por Kawanabe Kyōsai.

Tengu (天狗?, "cans celestiais") son unha clase de criatura lendaria da mitoloxía xaponesa e tamén son considerados unha clase de deidade do xintoísmo (kami) ou yōkai (ser sobrenatural). Malia que teñen un nome semellante ó do can demo chinés (Tiangou), os tengu orixinalmente adoptaban a forma de aves de presa, e polo xeral son representados con características de paxaros e de humanos. Os tengu máis antigos eran representados con peteiros, mais esta característica foi humanizada como un nariz contranaturalmente longo, que no presente está considerada a característica que define ós tengu no imaxinario popular.

Segundo a tradición budista os tengu eran demos perturvadores e presaxios de guerra. En ocasións, a súa imaxe foi suavizada cara a un espírito protector, aínda que perigoso, das montañas e dos bosques. Os tengu están asociados coa práctica ascética de Shugendō, e polo xeral represéntanse coas vestimentas dos seus seguidores, os yamabushi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fister, Pat (1985). Stephen Addiss, ed. Japanese Ghosts and Demons. Nova York: George Braziller, Inc. p. 103–112. ISBN 0-8076-1126-3. 
  • Mizuki, Shigeru (2001). Mizuki Shigeru No Nihon Yōkai Meguri. Xapón: JTB. pp. 122–123. ISBN 4-533-03956-1.