Saltar ao contido

Vagabond (manga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vagabond
 Instancia de
 Título
バガボンド (ja) Editar o valor en Wikidata
Características
 Público obxectivo
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Nº de partes
   37 vols. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Publicado en
Morning (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ttx2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Vagabond (バガボンド 'Vagabundo') é unha épica serie de manga de artes marciais escrita e debuxada por Takehiko Inoue. Conta a historia do guerreiro máis famoso de Xapón, Musashi Miyamoto, baseada en Musashi, a novela escrita por Eiji Yoshikawa.

O manga comezou en 1998 sendo serializado na revista semanal Shukan Moningu e é publicado por Kōdansha no Xapón. En España, Finlandia e Arxentina está editado pola editorial Ivrea. Ten un total de 37 volumes. Vagabond vendeu máis de 82 millóns de copias en todo o mundo, o que a converte nunha das 20 series manga máis vendidas da historia.

Vagabond gañou o Gran Premio da Axencia Xaponesa de Asuntos Culturais 2000 no Festival de Artes Media. O seguinte é un extracto do discurso para felicitar a Takehiko Inoue: "De Toyotomi a Tokugawa. Musashi Miyamoto creceu nun período de cambio entre dúas grandes épocas. O señor Inoue tomou ao poderoso Musashi que ás veces era chamado "bestia" e el debuxou como un vagabundo. O artista presume de desafiar con audacia a obra literaria nacional de Eiji Yoshikawa, incluso a sensación de velocidade que crea é impresionante. Mando os meus aplausos ao artista por crear unha nova imaxe de Musashi".

Ese mesmo ano 2000, Vagabond gañou o 24º Premio Kodansha ao Mellor Manga. En 2002, recibiu o moi aclamado Premio Cultural Tezuka Osamu. Ao ano seguinte, Inoue foi nomeada para o Premio Eisner de 2003 na categoría de mellor escritor/artista.